Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Levítico 1:1 - Biblia SEPT

1 Chamou o Señor a Moisés desde a Tenda do Encontro e díxolle:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Levítico 1:1
19 Iomraidhean Croise  

e queimou enriba del o holocausto e a ofrenda, verteu unha libación e salferiu o altar co sangue dos sacrificios de comuñón que ofrecera.


O número de vítimas que ofreceu a comunidade foi de setenta touros, cen carneiros e douscentos años, todos en holocausto ó Señor.


Moisés subiu ó encontro de Deus, e o Señor chamouno desde a montaña, para mandarlle dicir ós descendentes de Xacob, comunicarlles ós israelitas:


O Señor díxolle a Moisés: —"Sube á montaña e queda onda min. Dareiche as táboas de pedra coa lei e cos mandamentos que escribín, para que llos ensines ó pobo".


Desde enriba do propiciatorio, entre os dous querubíns que están encima da arca do testemuño, virei ó teu encontro e direiche todo o que teña que mandarche para os israelitas.


Este será o holocausto perpetuo ó Señor, polas xeracións, á entrada da Tenda do Encontro, onde me encontrarei convosco e onde vos falarei.


En vendo o Señor que Moisés se achegaba para ver, chamouno desde a silveira: —"Moisés! Moisés!" El respondeu: —"Aquí estou".


Moisés levantou a Tenda e plantouna lonxe, fóra do campamento; e chamouna Tenda do Encontro. O que quería visitar o Señor, saía do campamento e ía fóra del, á Tenda do Encontro.


Quedaron así acabados os traballos do tabernáculo e da Tenda do Encontro. Os israelitas fixeron todo como lles mandara Moisés.


A entrada da Tenda do Encontro puxo o altar dos holocaustos e enriba del ofreceu holocaustos e ofrendas, como o Señor lle mandara a Moisés.


que lle mandou o Señor a Moisés no monte Sinaí, no día en que lles ordenou ós fillos de Israel que presentasen as súas ofrendas ó Señor no deserto do Sinaí".


Logo ofreceu o holocausto, facendo todo conforme o rito.


No deserto do Sinaí, na Tenda do Encontro, no primeiro día do segundo mes, no segundo ano despois da saída do país de Exipto, díxolle o Señor a Moisés:


un xovenco, un carneiro e un año dun ano para o holocausto;


Cando Moisés entraba na Tenda do Encontro para falar con Deus, escoitaba a voz que lle falaba desde o propiciatorio, que estaba sobre a Arca do Testemuño, entre os dous querubíns: faláballe desde alí.


Pois a Lei deuse por medio de Moisés; a graza e a verdade realizáronse por Xesús Cristo.


Pedras enteiras construirán o altar do Señor, o teu Deus, sobre o que lle ofrendarás holocaustos ao Señor, o teu Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan