Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Filemón 1:9 - Biblia SEPT

9 cádrame máis pedircho, apelando á túa caridade. Así, sen máis título que ser eu Paulo, un vello que agora está preso por Cristo Xesús:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Filemón 1:9
17 Iomraidhean Croise  

Agora na vellez e nas canas non me abandones, meu Deus, para lle contar do teu brazo á xeración presente, e do teu poder a todas as vindeiras.


Non me rexeites na vellez, non me abandones cando me faltan as forzas,


Coroa de gloria son os cabelos brancos, chégase a eles polo vieiro da xustiza.


eu son quen vos leva ata a ancianidade, quen vos levantará ata a vellez. Eu fíxeno e eu seguireino a facer. Si, levareivos e salvareivos.


Rógovos, logo, irmáns, pola misericordia de Deus, que ofrezades os vosos corpos coma sacrificio vivo, santo, grato a Deus: coma o voso culto espiritual.


Somos, logo, embaixadores de Cristo; e é coma se Deus vos exhortase por medio noso. Pedímosvolo por Cristo: deixádevos reconciliar con Deus.


Coma colaboradores seus, exhortámosvos a non desaproveitar a graza de Deus.


Todos vós sodes fillos de Deus pola fe en Cristo Xesús,


Por esa razón eu, Paulo, preso por mor de Cristo Xesús e por vos levar este ben a vós, os xentís...


Por tanto, eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a dignidade da chamada que recibistes,


do que son pregoeiro, mesmo na cadea; que teña valor para anuncialo abertamente, como debo.


Doulle grazas a Cristo Xesús, noso Señor que me fortaleceu, porque fiou en min, encomendándome o ministerio;


Que os vellos sexan sobrios, serios, prudentes, sans na fe, na caridade, na paciencia.


Pero insisto en que o fagades para que eu volva a estar convosco canto antes.


Meus amigos, recoméndovos que, coma forasteiros e emigrantes que sodes, vos manteñades lonxe dos baixos desexos que loitan contra nós.


E cando veñan seus pais ou seus irmáns a preitear contra vós, dirémoslles: Sede bos con eles, pois non puideron coller muller para cada home cando a guerra, pois non llelas destes a eles naquel entón, para non incorrerdes en culpa".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan