Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Filemón 1:6 - Biblia SEPT

6 Pido que a solidariedade da túa fe se poña en marcha, ó comprenderes que todo o ben que temos é para Cristo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Filemón 1:6
18 Iomraidhean Croise  

De seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros cinco.


Alume así a vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos Ceos.


quedan ó descuberto os segredos do seu corazón. Entón prostrarase e adorará a Deus proclamando: "realmente Deus está no medio de vós".


pois ábreseme alí unha porta grande e prometedora e son moitos os adversarios.


Do resto, meus irmáns, todo o que sexa verdadeiro, todo o que sexa serio, todo o que sexa xusto, todo o que sexa enxebre, todo o que sexa estimable, todo o que sexa honroso, calquera virtude ou mérito que haxa, iso é o que debedes estimar.


Por esta razón tamén nós, desde o día en que soubemos disto, non deixamos de rezar por vós. Pedímoslle a Deus que vos encha do coñecemento da súa vontade, con todo o saber e intelixencia que dá o Espírito.


e vos revestistes do home novo, que se vai anovando, conforme a imaxe de quen o creou, para chegar a un coñecemento total.


Aprendan os nosos a faceren o ben atendendo as necesidades urxentes e así non serán improdutivos.


pois Deus non é inxusto como para que lle esqueza o voso traballo e o amor que lle mostrabades cando serviades (e seguides aínda servindo) o seu pobo santo por mor del.


Irmáns benqueridos, que proveito lle trae a un dicir que ten fe, se non ten feitos? Acaso o poderá salvar esa fe?


Pois o mesmiño pasa coa fe: se non ten feitos, leva a morte no seu cerne.


Entre os pagáns mantede un comportamento honrado, para que, aínda que vos calumnien polo voso comportamento coma malfeitores, ó veren as vosas obras boas, acaben por dar gloria a Deus, o día que El os visite.


No tocante ás mulleres, que se sometan ós seus homes; deste xeito, se algúns non cren na Palabra, sen necesidade de palabra ningunha poderanos gañar


Pero respondede con bo xeito e con respecto; tede a conciencia limpa, de xeito que os que desprezan o voso bo comportamento cristián, se vexan confundidos naquilo mesmo de que vos calumnien.


Pois ben, se xa sodes donos destas boas calidades e van en aumento en vós, non vos deixarán ser nugalláns e estériles para conseguirdes coñecer o noso Señor Xesús Cristo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan