5 porque oio falar do amor e da fidelidade que tes ó Señor Xesús e a todos os membros do pobo santo.
Outros van cos deuses da terra, teñen afecto ós poderosos.
insistindo solemnemente a xudeus e gregos que se convertesen a Deus pola fe no noso Señor Xesús.
solidarios nas necesidades dos santos e practicando a hospitalidade.
En canto á colecta a prol dos irmáns, facede o mesmo que dispuxen para as igrexas da Galacia.
Porque en Cristo Xesús estar ou non estar circuncidados non importa para nada: o único que importa é a fe que actúa a través do amor.
Por iso, tamén eu, tendo oído falar da vosa fe no Señor Xesús e do voso amor a todos os crentes,
desde que nos chegou a nova da vosa fe en Cristo Xesús e do amor que tedes a todos os cristiáns,
Pero agora, xa chegou Timoteo de onda vós e deunos as boas novas da vosa fe e caridade e de que tedes sempre bo recordo de nós, arelando vernos tanto coma nós a vós.
Alegroume e animoume moito a túa caridade, meu irmán: grazas a ti o pobo santo está máis confortado.
Isto é o que El manda: que creamos no seu Fillo Xesús Cristo e que nos queiramos ben uns ós outros, coma el nos mandou.