Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Filemón 1:19 - Biblia SEPT

19 Eu, Paulo, firmo co meu puño e letra: pagareino eu. Iso para non falar de que ti mesmo te me debes.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Filemón 1:19
14 Iomraidhean Croise  

Eu respondo polo rapaz. Ti poderasme pedir contas. Se non cho traio de volta e non cho poño diante, quedarei en culpa contigo para sempre.


Saúdovos no Señor, eu, Tercio, que pasei a limpo esta carta.


Coma cristiáns xa podedes ter milleiros de mestres, que pais non teredes moitos, pois fun eu quen por medio do Evanxeo vos xerei en Cristo Xesús.


Eu, Paulo en persoa, pídovos isto, pola paciencia e benignidade de Cristo: eu, que na vosa presenza parezo coitado pero que, ausente, son ousado convosco.


A nosa carta sodes vós: unha carta escrita nos nosos corazóns, coñecida e lida por toda a xente.


Non sexa que, se os macedonios que vaian comigo vos atopan sen preparar, nós e non digamos vós, quedemos mal, por termos esa confianza.


E mirade que eu, Paulo, xa vos deixo ben avisados de que, se vos facedes circuncidar, Cristo non vos vai servir de nada.


Mirade con que letras tan grandes vos escribo eu pola miña man.


A Timoteo, fillo lexítimo na fe, deséxoche a graza, a misericordia e a paz de Deus Pai e de Cristo Xesús, noso Señor.


A Tito, meu fillo lexítimo na fe común, deséxoche a graza e a paz de Deus, Pai de Cristo Xesús, o noso Salvador.


Se en algo te prexudicou ou se algo che debe, pono na miña conta.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan