Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Filemón 1:17 - Biblia SEPT

17 Así que se me consideras un amigo, acólleo coma a min.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Filemón 1:17
17 Iomraidhean Croise  

Quen vos recibe a vós, recíbeme a min; e quen me recibe a min, recibe ó que me mandou.


E quen acolla un meniño coma este no meu nome, acólleme a min.


O rei contestaralles: "Asegúrovos que canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos fixéstelo comigo".


Despois de se bautizar cos seus, rogábanos así: "se me tedes por unha fiel do Señor, vide parar na miña casa". E obrigounos.


No que se refire a Tito, é compañeiro meu e colaborador nos vosos asuntos; os outros irmáns son delegados das igrexas e honra de Cristo.


que os xentís son parceiros, membros do mesmo corpo e copartícipes da promesa en Cristo Xesús polo Evanxeo


E é xusto que eu pense así, porque vos levo no corazón; a vós, que tanto que eu estea preso como que estea a defender e a afiuzar o Evanxeo, participades todos na graza da miña misión.


Os que teñan amos crentes, non lles falten á consideración por seren irmáns; ó contrario, sírvanos mellor, por seren crentes e irmáns os que reciben os seus bos servizos. Isto é o que tes que ensinar e recomendar.


pídoche por Onésimo, o meu fillo, que xerei estando na cadea.


Velaí cho mando. Velaí che vai unha parte de min. Recíbeo!


Se en algo te prexudicou ou se algo che debe, pono na miña conta.


Por iso, meus sagrados irmáns, que tedes parte na mesma chamada celeste, atendede ó pregoeiro e Sumo Sacerdote da fe e da esperanza que profesamos, Xesús.


Porque seguimos sendo compañeiros de Cristo, sempre que manteñamos firme ata a fin a confianza absoluta de cando comezamos.


Escoitádeme ben, meus irmáns queridiños: seica non escolleu Deus os pobres deste mundo para seren ricos na fe e herdeiros do Reino que Deus prometeu ós que o aman?


Os responsables das vosas comunidades, exhórtoos eu, responsable coma eles, que fun testemuña dos padecementos de Cristo e que terei parte convosco na gloria que está para se manifestar:


iso que temos visto e oído agora tamén volo anunciamos a vós, para que tamén vós teñades parte connosco; pois compartir connosco é compartir co Pai e co seu Fillo Xesús Cristo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan