Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Filemón 1:16 - Biblia SEPT

16 non xa coma escravo, senón coma algo máis ca escravo: coma un irmán benquerido. Para min é moi querido; moito máis o vai ser para ti, coma home e coma cristián!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Filemón 1:16
10 Iomraidhean Croise  

Pero vós non vos fagades chamar "señor mestre", pois un só é o voso Mestre, e todos vós sodes irmáns.


Entón Ananías, poñéndose en camiño, entrou na casa, e impoñéndolle as mans, díxolle: Irmán Saulo, quen me manda é o Señor Xesús, que se che apareceu cando viñas polo camiño, para que recobres a vista e te enchas do Espírito Santo.


Porque aquel a quen sendo escravo chamou o Señor, é liberto do Señor. Igualmente, aquel a quen chamou sendo libre, é escravo de Cristo.


Escravos, obedecede en todo ós amos que tedes na terra, non para buscar o contento dos homes que ven o voso servizo, senón de corazón por respecto ó Señor.


Os que teñan amos crentes, non lles falten á consideración por seren irmáns; ó contrario, sírvanos mellor, por seren crentes e irmáns os que reciben os seus bos servizos. Isto é o que tes que ensinar e recomendar.


Por iso, meus sagrados irmáns, que tedes parte na mesma chamada celeste, atendede ó pregoeiro e Sumo Sacerdote da fe e da esperanza que profesamos, Xesús.


Todos cantos cren que Xesús é o Mesías, naceron de Deus; e quen ama ó que xera, ama tamén a quen aquel xerou.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan