9 Trocarase en po, que caerá en todo o Exipto enriba da xente e do gando, producindo chagas purulentas en todo o país".
Foise o Satán da presenza de Iavé, e feriu a Xob cunha mala praga desde a planta do pé ata a coroa da cabeza.
Eles colleron cinsa dun forno e presentáronse onda o faraón. Moisés ciscouna polo aire, e produciu chagas purulentas na xente e no gando.
O Señor díxolles a Moisés e a Aharón: —"Collede do forno un puño de cinsa, e que Moisés a cisque polo aire, á vista do faraón.
O Señor ferirate coas úlceras de Exipto e cos tumores, coa sarna e coa tiña, das que non che será posible curar.
O Señor ferirate nos xeonllos e nas coxas cuns furunchos malignos, que non serás capaz de curar, desde a planta do teu pé ata o curuto.
E saíu o primeiro e verteu a súa cunca na terra; e unhas chagas malignas e dolorosas aparecéronlles ós homes que tiñan a marca da besta e mais ós que se prostraban para adorar a súa imaxe.