8 O Señor díxolles a Moisés e a Aharón: —"Collede do forno un puño de cinsa, e que Moisés a cisque polo aire, á vista do faraón.
O Señor díxolle a Moisés: —"Mañá érguete cedo, preséntate ó faraón cando sae cara ó río, e dille que Iavé ordena isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.
Eles colleron cinsa dun forno e presentáronse onda o faraón. Moisés ciscouna polo aire, e produciu chagas purulentas na xente e no gando.
O faraón mandou pescudar sobre o feito, e do gando dos israelitas non morrera sequera unha cabeza. Pero o faraón endureceuse e non deixou saír o pobo.
Trocarase en po, que caerá en todo o Exipto enriba da xente e do gando, producindo chagas purulentas en todo o país".