5 O Señor fixou un prazo: —"Mañá cumprirá o Señor a súa palabra no país".
Por que non se reserva o Omnipotente os tempos? Por que os que o coñecen non saben dos seus días?
Se non o deixas saír, mañá traerei a lagosta ó teu país.
Faremos tres días de camiño no deserto e ofreceremos alí os sacrificios, conforme Deus nos mandou".
Pero mira: Mañá destas horas farei caer unha chuvia de pedrazo, tan rexo como non se viu aínda en Exipto, desde o día en que foi fundado ata hoxe.
Iavé distinguirá entre o gando dos israelitas e o gando dos exipcios. Aquel non perderá sequera unha cabeza".
E o Señor cumpriu a súa palabra ó día seguinte. Morreu o gando todo dos exipcios; pero dos israelitas non morreu sequera unha cabeza.
Despois díxolles a Coré e a toda a súa facción: —"Mañá o Señor dará a coñecer quen é seu e quen é santo, e farao achegarse a El: ó que teña escollido, farao achegarse.