E que nación hai no mundo coma o teu pobo Israel, que Deus mesmo foi rescatar, para facelo seu e darlle un nome e para facer con el prodixios e milagres, botando de diante do pobo que libraches de Exipto ós outros pobos cos seus deuses?
Aquela mesma noite saíu o anxo do Señor e feriu no campamento asirio a cento oitenta e cinco mil homes. A hora de erguerse á mañá, eran todos cadáveres.
Realizaches signos e prodixios contra o Faraón, contra todos os seus servidores e contra todo o pobo do seu país, pois sabías que no seu orgullo nos maltratara, e conquistaches un nome que aínda hoxe perdura.
Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros.
Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.
Mostrácheste realizando sinais e prodixios no país de Exipto ata o día de hoxe, e deste xeito en Israel e en todo o mundo adquiriches un renome coma o que hoxe tes,
Certo, desde a saída do sol ata a súa posta é grande o meu Nome entre os pobos, e en todos os lugares arde unha oblación no meu Nome e unha ofrenda pura, porque grande é o meu Nome entre os pobos —fala o Señor dos Exércitos—.
Maldito sexa o tramposo, que ten no seu rabaño un macho, pero cando fai voto, ofrécelle en sacrificio ó seu Señor algo desprezable. Pois eu son o grande Rei —fala o Señor dos Exércitos—, e o meu Nome é temible entre os pobos.
E que, se Deus, querendo mostrar a súa ira e dar a coñecer o seu poder, soportou con moita paciencia ós que eran obxecto de reprobación, listos xa para a destrución;
e aínda máis: en pedra onde se tropeza, en couce onde un se esnafra. Eles tropezan contra a Palabra, porque non lle fixeron caso: tropezar era o seu destino.
Pois á disimulada metéronse algunhas persoas impías, xa de vello apuntadas para esta condenación, que converten en libertinaxe a graza do noso Deus e rexeitan o noso único Dono e Señor Xesús Cristo.