11 Os magos non podían resistir diante do faraón, polas chagas que lles saíran, a eles como a todos os exipcios.
Os magos quixeron facer a mesma cousa, sacar mosquitos cos seus encantamentos, pero non o conseguiron. Os mosquitos picaban nos homes e no gando.
Eles colleron cinsa dun forno e presentáronse onda o faraón. Moisés ciscouna polo aire, e produciu chagas purulentas na xente e no gando.
Trocarase en po, que caerá en todo o Exipto enriba da xente e do gando, producindo chagas purulentas en todo o país".
E saíu o primeiro e verteu a súa cunca na terra; e unhas chagas malignas e dolorosas aparecéronlles ós homes que tiñan a marca da besta e mais ós que se prostraban para adorar a súa imaxe.