Moisés e Aharón presentáronse ó faraón, para dicirlle: —"Así fala Iavé: Por canto tempo te negarás a abaixarte diante de min? Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.
Eles faranche caso, e ti e mais os anciáns de Israel iredes onda o rei de Exipto e dirédeslle: Iavé, o Deus dos hebreos, veu ó noso encontro e agora temos que facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos sacrificios a Iavé, o noso Deus.
Moisés e Aharón presentáronse ó faraón para lle dicir: —"Isto di Iavé, o Deus de Israel: Deixa saír o meu pobo, para que celebre a miña festa no deserto".
O Señor mandou a Moisés que lle dixese a Aharón: —"Tende a túa man coa vara sobre os ríos, os canais e as pozas, e que a terra de Exipto quede cuberta de ras".
O Señor díxolle a Moisés: —"Mañá érguete cedo, preséntate ó faraón e comunícalle que Iavé, o Deus dos hebreos, manda isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.