Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 8:6 - Biblia SEPT

6 El respondeu: —"Mañá". Díxolle Moisés: —"Será como ti dis, para que saibas que non hai outro coma Iavé, o noso Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 8:6
17 Iomraidhean Croise  

Por iso es grande, Señor Iavé, non hai outro coma ti, nin hai Deus, fóra de ti, conforme o que temos oído.


e dixo: —"Señor, Deus de Israel. Nin no ceo nin na terra hai deus ningún coma ti, fiel á alianza cos teus vasalos, se proceden de todo corazón de acordo contigo;


Formigou a terra coas ras, ata as alcobas reais.


Mandoulles moscas que os picaban e ras que os infestaban.


Ti, Señor, non tes semellante entre os deuses, non hai feitos coma os teus.


Primeiro que os montes xurdisen, e que fosen formados a terra e o mundo, desde sempre e por sempre es ti Deus.


e para que así poidas contarlles a teus fillos e a teus netos como tratei eu ós exipcios e os sinais que fixen con eles. Dese xeito saberedes que eu son o Señor".


Quen hai coma ti, Señor, entre os deuses, quen coma ti, excelso en santidade, terrible polas túas obras, facedor de milagres?


O Señor mandou a Moisés que lle dixese a Aharón: —"Colle a túa vara e alonga a man sobre as augas de Exipto: os ríos, os canais, as lagoas e depósitos, e que se troquen todos en sangue. Haberá sangue en todo o Exipto, mesmamente nos recipientes de madeira e de pedra".


Pois desta botarei todas as pragas enriba de ti, dos teus ministros, do teu pobo, para que saibas que non hai ninguén coma min en toda a terra.


Díxolle Moisés: —"En saíndo da cidade, tenderei as mans cara a Iavé, e entón parará o trebón e deixará de caer pedrazo, para que saibas que a terra é de Iavé.


Vós sodes as miñas testemuñas —é o Señor quen fala—; si, o meu servo que eu escollín, para que me coñezades e creades en min, e para que recoñezades que só eu son. Antes de min non foi formado ningún deus, e despois de min non existe ningún.


Todo o que non ten aletas nin escamas, será abominación para vós.


Certo que o noso Penedo non é coma o seu penedo, certo que os nosos inimigos non son quen a xulgar,


Ninguén hai coma Deus, Iexurún, que monta a cabalo dos ceos na túa axuda, que coa maxestade monta nas delgadas nubes.


A ti fíxoche ver todo isto para que saibas que o Señor é o teu Deus, que fóra del non hai outro.


Despois vin saír da boca do dragón, da boca da besta e mais da boca do falso profeta, tres espíritos inmundos semellantes a sapos;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan