4 O faraón mandou chamar a Moisés e Aharón, para dicirlles: —"Rogade a Iavé que arrede as ras de min e do meu pobo, e deixarei saír o voso pobo, para que ofreza sacrificios a Iavé".
O rei pediulle ó home de Deus: —"Aplaca ó Señor, teu Deus, e rézalle por min, para que sande a miña man". O home de Deus aplacou ó Señor, e a man do rei volveu a ter movemento e quedou coma antes.
Dixo o faraón: —"Deixareivos saír e ofreceredes os sacrificios no deserto a Iavé, o voso Deus, coa condición de que non vos alonguedes. E rezade por min".
Moisés preguntoulle: —"Fai o favor e dime cando hei rogar por ti, polos teus ministros e o teu pobo, para que as ras se arreden de ti e do teu pazo, dos teus ministros e do pobo, e se reduzan ó Nilo".
Que loucos están os príncipes de Soán, os sabios que aconsellan ó Faraón consellos estúpidos! Como lle poderán dicir ó Faraón: "Eu son fillo de sabios, fillo de reis orientais"?
O pobo foi onda Moisés e dixéronlle: —"Pecamos por falarmos contra o Señor e contra ti; rógalle ó Señor, para que afaste de nós as serpentes!" Moisés rezou polo pobo,