Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 8:25 - Biblia SEPT

25 Respondeu Moisés: —"En canto saia de onda ti, rogarei a Iavé e, nese intre, arredaranse os tabáns do faraón, da súa corte, do seu pobo. Pero que o faraón non volva enganarnos, non deixando saír o pobo, para que ofreza sacrificios a Iavé".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 8:25
9 Iomraidhean Croise  

O faraón fixo chamar a toda présa a Moisés e a Aharón, para dicirlles: —"Pequei contra Iavé, o voso Deus, e tamén contra vós.


O faraón mandou chamar a Moisés, para dicirlle: —"Ide e dade culto a Iavé. Podedes levar convosco os vosos fillos; deixade só as ovellas e as vacas".


Fixeron volver a Moisés e a Aharón onda o faraón, e este díxolles: —"Ide e dade culto a Iavé, o voso Deus. Pero cales son os que irán?"


Na mesma noite mandou o faraón chamar a Moisés e a Aharón, para dicirlles: —"Erguédevos e saíde do medio do meu pobo con todos os israelitas. Ide e dade culto a Iavé, como dixestes.


Moisés e Aharón saíron do pazo real. Moisés rogou a Iavé pola cousa das ras que mandara contra o faraón.


O faraón mandou chamar a Moisés e a Aharón, para dicirlles: —"Esta vez fixen mal. Iavé é xusto. Eu e mais o meu pobo recoñecémonos culpados.


Rogádelle a Iavé, pois temos xa abondo de trebón e pedrazo. Deixareivos saír, e non seguirei deténdovos máis tempo".


Pois agora non vos burledes tanto que caiades na vosa trampa, porque oín do meu Señor, o Deus dos Exércitos, unha destrución segura, decretada contra todo o país.


Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan