Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 8:23 - Biblia SEPT

23 Faremos tres días de camiño no deserto e ofreceremos alí os sacrificios, conforme Deus nos mandou".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 8:23
6 Iomraidhean Croise  

Eliseo dixo entón: —"Escoita a palabra do Señor: mañá, destas horas, unha fanega de flor de fariña conseguirase por un siclo, e por un siclo tamén dúas fanegas de orxo, ás portas de Samaría".


Se non o deixas saír, mañá traerei a lagosta ó teu país.


Eles faranche caso, e ti e mais os anciáns de Israel iredes onda o rei de Exipto e dirédeslle: Iavé, o Deus dos hebreos, veu ó noso encontro e agora temos que facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos sacrificios a Iavé, o noso Deus.


Moisés respondeulle: —"Iso non pode ser, pois o que nós ofrecemos en sacrificio a Iavé, o noso Deus, é abominable para os exipcios. Se sacrificamos o que para eles é abominable, non nos acantazarían?


Dixo o faraón: —"Deixareivos saír e ofreceredes os sacrificios no deserto a Iavé, o voso Deus, coa condición de que non vos alonguedes. E rezade por min".


O Señor fixou un prazo: —"Mañá cumprirá o Señor a súa palabra no país".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan