Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 8:10 - Biblia SEPT

10 Axuntábanas en moreas, e todo o país fedía.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 8:10
21 Iomraidhean Croise  

Por iso es grande, Señor Iavé, non hai outro coma ti, nin hai Deus, fóra de ti, conforme o que temos oído.


Señor! Non hai outro semellante a ti, non hai ningún Deus fóra de ti, como oímos cos nosos oídos.


Queden avergonzados, enteiramente abatidos, que se vexan perdidos e confusos.


Ti, Señor, non tes semellante entre os deuses, non hai feitos coma os teus.


Os xentís afondarán na cova que cavaron, na rede que tenderon quedará preso o seu pé.


Quen hai coma ti, Señor, entre os deuses, quen coma ti, excelso en santidade, terrible polas túas obras, facedor de milagres?


O Señor fixo que fose como Moisés lle pedía. E morreron as ras das casas, dos cercados e dos campos.


Pois desta botarei todas as pragas enriba de ti, dos teus ministros, do teu pobo, para que saibas que non hai ninguén coma min en toda a terra.


Díxolle Moisés: —"En saíndo da cidade, tenderei as mans cara a Iavé, e entón parará o trebón e deixará de caer pedrazo, para que saibas que a terra é de Iavé.


Non te gabes do mañá, que non sabes que traerá o hoxe.


Con quen asemellaredes a Deus? Que semellanza lle buscaredes?


Con quen me asemellaredes, a quen serei comparable? —di o Santo—.


Lembrádevos das cousas primeiras desde antigo: de que eu son Deus e non hai outro, de que son Deus e non hai coma min.


Meu Señor, Deus! Ti comezaches por permitirlle ao teu servo ver a túa grandeza e a túa man forte, que deus pode haber no ceo ou na terra, que faga as mesmas obras ca ti, ou teña o mesmo poder?


Certo que o noso Penedo non é coma o seu penedo, certo que os nosos inimigos non son quen a xulgar,


Ninguén hai coma Deus, Iexurún, que monta a cabalo dos ceos na túa axuda, que coa maxestade monta nas delgadas nubes.


A ti fíxoche ver todo isto para que saibas que o Señor é o teu Deus, que fóra del non hai outro.


Recoñéceo hoxe e dálle voltas no teu corazón: o Señor é Deus, arriba no ceo e abaixo na terra, e que non hai outro.


Pero se non sabedes o que vai ser de vós mañá! Porque que é a vosa vida? Unha fumarediña que aparece e desaparece no mesmo intre.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan