Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 7:9 - Biblia SEPT

9 —"Cando o faraón vos diga: Facédeme algún milagre, ti mandarás a Aharón: Colle a vara e bótaa diante do faraón. E converterase en serpe".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 7:9
15 Iomraidhean Croise  

Moisés tendeu a vara sobre Exipto, e o Señor empuxou cara ó país un vento do leste, todo o día e toda a noite. Pola mañá o vento siroco trouxera a lagosta.


Leva na man esa vara, coa que farás os sinais".


O Señor preguntoulle: —"Que é iso que tes na man?" El respondeu: —"Unha vara".


Moisés colleu a súa muller e os seus fillos, montounos nun asno e volveu para Exipto. Na man levaba Moisés a vara de Deus.


O Señor díxolle: —"Tíraa no chan". El tirouna. A vara converteuse nunha cobra, e Moisés fuxía dela.


O Señor díxolles a Moisés e a Aharón:


Moisés tendeu a vara cara ó ceo, e o Señor mandou trebón e pedrazo; caeron lóstregos na terra; o Señor fixo chover pedrazo sobre Exipto.


"Pide para ti un sinal de parte do Señor, o teu Deus, nas profundidades do Xeol ou arriba nas alturas".


Fala e dille: Así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí, eu estou contra ti, Faraón, rei de Exipto, grande monstro, deitado entre as canles do Nilo, que di: "De min sae o meu Nilo, e eu prodúzoo para min".


Respondeulles el: Unha xeración perversa e adúltera reclama un sinal! Pois non se lle dará máis sinal có de Xonás o profeta.


Pero se as fago, aínda que non creades en min, crede nas obras, para que comprendades e recoñezades que o Pai está en min e eu estou no Pai.


Pola súa parte, os xudeus preguntáronlle: Que sinal nos mostras, para faceres estes feitos?


Replicáronlle: Que sinal fas ti, para que véndoo creamos en ti? Que podes facer?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan