7 Moisés tiña oitenta anos e Aharón oitenta e tres, cando falaron co faraón.
Tiña Xosé trinta anos cando se presentou ó faraón, e saíu da súa presenza para percorrer as terras todas de Exipto.
A nosa vida é de setenta anos, de oitenta a dos máis fortes; e os máis deles son de traballos e miserias: esvaecen de présa, e nós voamos.
Pasado moito tempo, morreu o rei de Exipto. Os israelitas queixábanse e berraban na súa servidume, e os seus xemidos subiron onda Deus.
O Señor díxolles a Moisés e a Aharón:
Aharón tiña cento vintetrés anos cando morreu sobre o monte Hor.
Cando ía nos corenta anos, veulle o desexo de visitar os seus irmáns, os israelitas.
Logo de corenta anos, aparecéuselle un anxo no deserto do monte Sinaí, na lapa do lume dunha silveira.
non comestes pan nin bebestes viño nin licor, para que recoñezades que eu, o Señor, son o voso Deus.
Logo díxolles: —"Hoxe cumpro cento vinte anos; xa non son capaz de saír e de entrar. Por iso díxome o Señor: Non cruzarás este Xordán.
Moisés tiña cento vinte anos, cando morreu, e o seu ollo non enfraqueceu nin desapareceu a súa vitalidade.
E enviei a Moisés e mais a Aharón, e ferín a Exipto coas obras que fixen naquela terra, e despois logrei tirarvos de alí.