Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 7:5 - Biblia SEPT

5 Os exipcios aprenderán que eu son Iavé, cando alongue a miña man contra o Exipto e saque de alí os israelitas".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 7:5
20 Iomraidhean Croise  

Cando me vexo en apuro, ti consérvasme a vida. Contra o furor dos meus inimigos estendes a túa man, a túa dereita libérame:


Os xentís afondarán na cova que cavaron, na rede que tenderon quedará preso o seu pé.


e para que así poidas contarlles a teus fillos e a teus netos como tratei eu ós exipcios e os sinais que fixen con eles. Dese xeito saberedes que eu son o Señor".


Os ministros dixéronlle ó faraón: —"Ata cando nos seguirá poñendo trapelas este home? Deixa marchar esa xente, e que ofrezan culto ó seu Deus Iavé. Ou non te dás conta aínda de que Exipto se está botando a perder?"


O mostrar a miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que eu son Iavé".


Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.


Moisés contoulle ó seu sogro o que Deus fixera co faraón e cos exipcios por mor de Israel, e as coitas que tiveran na viaxe e como o Señor os librara delas.


Pero eu alongarei a miña man e ferirei a Exipto. Obrarei alí moitos prodixios, e deixaranvos saír.


O Señor díxolle a Moisés: —"Agora verás o que vou facer co faraón. Forzado por man rexa, deixaravos saír e mesmo vos botará da súa terra".


Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.


Iavé di: Nisto poderás recoñecer que eu son Iavé. Coa vara que levo na man baterei na auga do Nilo e trocarase en sangue.


Axuntábanas en moreas, e todo o país fedía.


Distinguirei entre o meu pobo e o teu. Mañá verás este sinal".


Moisés respondeulle: —"Iso non pode ser, pois o que nós ofrecemos en sacrificio a Iavé, o noso Deus, é abominable para os exipcios. Se sacrificamos o que para eles é abominable, non nos acantazarían?


Vou facer neles unha terrible vinganza, con castigos desapiadados. Entón, cando eu me vingue deles, recoñecerán que eu son o Señor.


Así fala o meu Señor, Iavé: —Velaquí, eu estou contra ti, Sidón, e vou ser glorificado dentro de ti. Entón recoñecerán que eu son o Señor, cando execute nela a sentencia e mostre nela a miña santidade.


Cando se converta o país de Exipto nun deserto, entón quedará despoxado de todo o que o enche; cando eu fira a todos os seus habitantes, entón recoñecerán que eu son o Señor.


Pois vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome, profanado entre as nacións nas que vós o profanastes. Entón recoñecerán estas nacións que eu son o Señor —é o meu Señor, Iavé, quen fala—, cando eu vos faga recoñecer a miña santidade na súa presenza.


Desde o día aquel e de alí para adiante recoñecerá a Casa de Israel que eu son o Señor, o seu Deus.


Darei a coñecer o meu santo Nome entre o meu pobo Israel, e non deixarei que volvan profanar o meu santo Nome. Recoñecerán as nacións que eu son Iavé, o Santo de Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan