Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 7:3 - Biblia SEPT

3 Eu endurecerei o corazón do faraón, e farei moitos sinais e moitos milagres en Exipto.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 7:3
25 Iomraidhean Croise  

Realizaches signos e prodixios contra o Faraón, contra todos os seus servidores e contra todo o pobo do seu país, pois sabías que no seu orgullo nos maltratara, e conquistaches un nome que aínda hoxe perdura.


En Exipto fixo sinais e prodixios contra o faraón e os seus servos.


Diante de seus pais fixera marabillas, na terra de Exipto, nos campos de Soán.


Moisés e Aharón fixeron estes milagres diante do faraón. Pero o Señor endureceu ó faraón, que non deixou saír os israelitas da súa terra.


O Señor dixéralle a Moisés: —"O faraón non vos dará creto, e eu farei moitos milagres en Exipto".


Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.


Pero eu alongarei a miña man e ferirei a Exipto. Obrarei alí moitos prodixios, e deixaranvos saír.


O Señor díxolle a Moisés: —"En volvendo a Exipto, farás diante do faraón os moitos milagres para os que eu che darei poder. Eu endurecerei o seu corazón, e non deixará saír o pobo.


Moisés e Aharón chegaron, e reuniron a todos os anciáns de Israel.


Díxolle o Señor: —"Mete outra vez a man no seo". El meteuna e, ó sacala, viu que estaba coma o resto do seu corpo.


O faraón teimou na súa e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.


Se te manteño vivo, é para facerche ver a miña forza e para que se fale do meu nome en todo o mundo.


Coma as canles da auga, a mente do rei está na man do Señor, el víraa para onde quere.


Esperta, esperta e revístete de poder, brazo do Señor! Esperta coma nos días de antes, coma nas xeracións eternas. Acaso non fuches ti quen matou a Ráhab, e acoitelou ó Dragón?


Coma nos días da túa saída de Exipto, fainos ver marabillas.


Díxolle entón Xesús: Se non vedes sinais e prodixios, non credes.


Israelitas, escoitade: fálovos de Xesús de Nazaret, home acreditado por Deus ante vós por milagres, marabillas e sinais que Deus fixo por el entre vós, como vós mesmos sabedes;


Foi el quen os fixo saír, obrando prodixios e sinais na terra de Exipto, no mar Rubio e no deserto, durante corenta anos.


A forza de milagres e prodixios e polo poder do Espírito. De maneira que desde Xerusalén e arredores ata o Ilírico, completei a predicación do Evanxeo de Cristo.


En resumo: de quen quere compadécese, e a quen quere enduréceo.


Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?


das grandes probas que viron os teus ollos, dos sinais e prodixios, da man poderosa e do brazo estendido que sacou no teu favor o Señor, o teu Deus. Así actuará o Señor, o teu Deus, contra todos os pobos, en presenza dos que ti sentes medo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan