Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 7:23 - Biblia SEPT

23 Voltou para o seu pazo e non pensou máis naquilo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 7:23
20 Iomraidhean Croise  

Que é o home para que tanto o consideres, para que del así te ocupes,


Só un sopro son os homes, unha aparencia os humanos. Postos na balanza, soben máis leves ca un sopro, todos xuntos.


Pero os magos de Exipto fixeron tamén iso cos seus encantamentos. O faraón endureceuse e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.


Os exipcios cavaban pozos nas ribeiras do río, buscando auga que beber, pois a auga do río non servía.


Os ministros do faraón que temían ó Señor, meteron ó seguro a súa xente e as súas facendas.


Os que non deron creto ás palabras de Iavé deixaron fóra os servos e as facendas.


Inclina o oído e escoita as miñas palabras, aplica a túa mente ó meu saber,


O velo reflexionei, ollalo foi aprender unha lección:


Benia quen sempre ten temor reverencial, mais quen endurece o corazón caerá no mal.


Quen endurece despois da reprensión, vai á ruína nun momento, sen remedio.


Señor, a túa man está levantada, pero non a ven; que se avergoncen ó veren o celo polo teu pobo. Si, o lume destinado ós teus inimigos, consumiraos.


e dixeches: "Para sempre serei a raíña perpetua". Non tomaches isto en consideración, nin te lembraches do que había vir.


Nin o rei nin os seus servidores ó escoitaren todos estes oráculos se amedrentaron nin racharon os seus vestidos.


Acaso non é a verdade o que enxergan os teus ollos, Señor? Batícheslles e non lles doeu, esnaquizáchelos e non aprenderon a lección; puxeron caras máis duras cá pedra, refugaron converterse.


Entón o home díxome: —Fillo de Adam, olla cos teus ollos, escoita atentamente cos teus oídos, e pon toda a túa atención en todo o que eu che vou mostrar, pois fuches traído aquí para que vexas. Cóntalle á Casa de Israel todo o que ti vas ver.


Ollade para os pobos e observade ben, estarrecede, asombrádevos, que nos vosos días vou realizar unha obra: non a creriades se volo contasen.


Se non facedes caso e se non colledes a peito darlle gloria ó meu Nome —fala o Señor dos Exércitos—, botarei contra vós a maldición e maldicirei a vosa bendición. Si, xa a maldicín porque non houbo entre vós quen o collese a peito.


díxolles: —"Entregade o voso corazón a todas as palabras que hoxe poño como testemuño contra vós, pois habédesllelas de pór de precepto ós vosos fillos, para que procuren practicar todas as palabras desta lei.


Estando á morte, as mulleres que a asistían, dicíanlle: —"Non teñas medo. Pariches un fillo". Pero ela non respondeu, nin tan sequera se decatou.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan