21 Os peixes morreron, as augas fedían e os exipcios non podían beber auga do Nilo. Por todo o país de Exipto había sangue.
Converteu as augas en sangue e fixo morrer os peixes.
Os peixes morrerán, as augas federán e os exipcios terán noxo de beber auga do río".
Moisés e Aharón fixeron o que o Señor lles mandara. Aharón ergueu a vara, bateu nas augas do río, á vista do faraón e dos seus servidores, e as augas do río trocáronse en sangue.
Pero os magos de Exipto fixeron tamén iso cos seus encantamentos. O faraón endureceuse e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.
Os magos quixeron facer a mesma cousa, sacar mosquitos cos seus encantamentos, pero non o conseguiron. Os mosquitos picaban nos homes e no gando.
Suspirarán os pescadores, lamentaranse todos os que botaban o anzol no río, esmorecerán os que largaban a rede sobre a superficie da auga.
e morreu a terceira parte das criaturas vivas do mar e esnaquizáronse a terceira parte dos barcos.