Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 7:13 - Biblia SEPT

13 O faraón teimou na súa e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 7:13
24 Iomraidhean Croise  

Ademais, rebelouse contra o rei Nabucodonosor, que lle tomara xuramento solemne de fidelidade. Púxose testán e negouse por completo a converterse ó Señor Deus de Israel.


O Señor díxolle a Moisés: —"Vai onda o faraón. Eu endurecino a el e á súa corte, para facer diante deles os meus sinais,


Pero o Señor endureceu o corazón do faraón, e este non deixou saír os israelitas.


Pero o Señor endureceu o corazón do faraón, que non quixo deixalos saír.


Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros.


O Señor díxolle a Moisés: —"En volvendo a Exipto, farás diante do faraón os moitos milagres para os que eu che darei poder. Eu endurecerei o seu corazón, e non deixará saír o pobo.


Cada un botou polo chan a súa vara e convertéronse en cobras. Pero a vara de Aharón enguliu as dos magos.


O Señor díxolle a Moisés: —"O faraón ponse duro e non deixa saír o pobo.


Pero os magos de Exipto fixeron tamén iso cos seus encantamentos. O faraón endureceuse e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.


En vendo o faraón que podía folguexar, endureceu o corazón e non lles fixo caso, conforme lles dixera o Señor.


Os magos dixéronlle entón ó faraón: —"O dedo de Deus anda aquí". Pero o corazón do faraón endureceu e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.


Distinguirei entre o meu pobo e o teu. Mañá verás este sinal".


Pero o faraón endureceuse tamén por esta vez, e non deixou saír o pobo.


O Señor endureceu o corazón do faraón, e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor a Moisés.


O corazón do faraón endureceuse e non deixou saír os israelitas, conforme dixera o Señor por Moisés.


O faraón mandou pescudar sobre o feito, e do gando dos israelitas non morrera sequera unha cabeza. Pero o faraón endureceuse e non deixou saír o pobo.


E, como lles pareceu inadmisible seguir recoñecendo a Deus, Deus abandonounos ó perverso pensamento de faceren o que non é decente.


Na medida da túa dureza e do teu impenitente corazón estás amoreando ira contra ti mesmo para o día da ira e da manifestación do xusto xuízo de Deus.


Sihón, o rei de Hexbón, non nos quixo deixar pasar por xunto del, xa que o Señor, o teu Deus, volveu terco o seu espírito e duro o seu corazón, para entregarcho na túa man, tal como hoxe está.


vós, en troques, alentádevos uns ós outros día tras día, mentres se pregoa este hoxe, de xeito que ningún de vós se deixe endurecer, engaiolado polo pecado.


Para que mostrarvos teimudos, como fixeron os exipcios e o seu faraón, que soamente deixaron saír a Israel despois que o Señor os castigou?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan