Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 6:8 - Biblia SEPT

8 Levareivos á terra que xurei darlles a Abraham, a Isaac e a Xacob, e daréivola a vós en posesión. Eu, Iavé".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 6:8
29 Iomraidhean Croise  

Pero Abram respondeulle: —"Xuro polo Señor, o Deus Altísimo, que fixo ceo e terra,


Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza: —"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río Éufrates,


Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.


Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.


A terra que eu lle dei a Abraham e a Isaac, doucha tamén a ti e daréillela ós teus descendentes".


Para matar a súa fame, décheslles pan do ceo e fixeches deitar auga do penedo para a súa sede. Mandáchelos vir tomar posesión do país que lles tiñas xurado dar, coa man en alto.


Cando o Señor vos introduza na terra dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos hivitas e dos iebuseos, conforme o xuramento que fixo a vosos pais, unha terra que deita leite e mel, no mes de abib celebraredes esta festa.


Lembra ós teus servos Abraham, Isaac e Israel, ós que con xuramento prometiches: Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o herden a perpetuidade".


Deus seguiu dicindo: —"Eu son Iavé.


Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.


Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.


Pero volvín xurarlles no deserto, coa man levantada, que non os levaría á terra que lles dera, que deita leite e mais mel, e que é a máis gloriosa de todas as terras;


Volvín xurar coa man levantada contra eles no deserto que os dispersaría entre os pobos e que os esparexería entre os países,


Eu tróuxenos ó país que, coa miña man levantada, xurara llelo dar a eles; pero eles, ó veren calquera outeiro elevado ou calquera árbore enramallada, ofreceron alí os seus sacrificios, deron alí as súas ofrendas provocadoras, puxeron alí os perfumes que, segundo eles, aplacan e verteron alí as súas libacións.


E vós recoñeceredes que eu son Iavé, cando vos faga entrar na terra de Israel, no país que, coa man levantada, lles xurara dar a vosos pais.


Pero así fala o meu Señor, Iavé: —Eu xuro coa miña man levantada que as nacións que están ó voso arredor, elas cargarán coa súa ignominia.


Repartiredes a terra, tocándolle a cada un o mesmo có seu irmán, xa que eu xurei coa man levantada, que llela daría ós vosos pais, e por iso esta terra tocaravos a vós en partes de herdanza.


Moisés díxolle a Hobab, fillo de Reuel, madianita, sogro de Moisés: —"Nós partimos para o lugar, do que nos dixo o Señor: Héivolo dar a vós. Ven connosco e habémoste de tratar ben, pois o Señor prometeu o ben a Israel".


Son eu por ventura quen concibiu a todo este pobo? Son eu quen o deu a luz, para que me digas: Lévao no teu seo, como leva unha ama o seu neno de peito, á terra que ti prometiches con xuramento a seus pais?


non entraredes no país, onde, estendendo a miña man, xurei facervos habitar, excepto Caleb, fillo Iefuneh e Xosué, fillo de Nun.


Non é Deus home para mentir, nin fillo de home para que se poida desdicir. É El quen di e non fai, ou quen fala e non cumpre?


Si, levantarei a miña man ao ceo e direi: Pola miña vida, así será para sempre!


pois o Señor, o teu Deus, é un Deus compasivo: non te abandonará nin te destruirá nin esquecerá a Alianza que con xuramentos lles prometeu a teus pais.


e deivos unha terra que non traballastes, e cidades que non edificastes e que as habitades; viñas e oliveiras que non plantastes, en tanto que comedes delas.


e xurou por aquel que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e canto hai nel, a terra e canto hai nela, o mar e canto hai nel: "xa non haberá máis demora!;


O que é gloria de Israel non mente nin se volve atrás, pois non é un home para ter que arrepentirse".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan