Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 6:7 - Biblia SEPT

7 Tomareivos coma meu pobo e eu serei o voso Deus. Saberedes que eu son Iavé, o voso Deus, o que vos tirou de debaixo da carga dos exipcios.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 6:7
50 Iomraidhean Croise  

Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.


Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.


Niso chegou alí un home de Deus e díxolle ó rei de Israel: —"Isto di o Señor: Xa que os arameos pensan que o Señor é un deus da montaña, e non un deus da terra cha, vou entregar nas túas mans esa enorme multitude, para que saibades que eu son o Señor".


Dese xeito recoñecerán os pobos todos que o Señor é o Deus verdadeiro e que non hai outro fóra del.


Eles son os teus servidores e o teu pobo que ti rescataches co teu gran poder e forte man.


Sabede que o Señor é Deus, que El nos fixo e que del somos, o seu pobo, o seu rabaño.


Impúxollo por lei a Xosé, cando saíu da terra de Exipto.


Cando mañá o teu fillo che pregunte: Que significa isto?, ti diraslle: O Señor sacounos con man forte de Exipto, da casa da servidume.


Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.


O mostrar a miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que eu son Iavé".


Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.


Caeu enriba deles un medo tremente, o poder do teu brazo deixounos coma de pedra, namentres pasaba o teu pobo, Señor, namentres pasaba o pobo que adquiriches.


O Señor é a miña forza, a razón do meu canto, El é a miña salvación. El é o meu Deus, e loareino, o Deus de meu pai, e enxalzareino.


—"Oín as murmuracións dos israelitas. Dilles isto: O anoitecer teredes carne que comer e pola mañá pan a fartar. E saberedes que eu son o Señor, o voso Deus".


Moisés e Aharón dixéronlles ós israelitas: —"Esta noite saberedes que quen vos sacou de Exipto é o Señor.


Cando Moisés era xa grande, foi un día visitar a seus irmáns, e atopounos coas súas cargas. Viu tamén que un home exipcio batía nun hebreo de entre seus irmáns.


Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.


Iavé di: Nisto poderás recoñecer que eu son Iavé. Coa vara que levo na man baterei na auga do Nilo e trocarase en sangue.


para que todos vexades e saibades, para que vos apliquedes e vos decatedes de que a man do Señor fixo isto e o Santo de Israel o creou.


Entón reis serán os teus titores; e as súas princesas, as túas amas de cría. Diante de ti prostrarán o rostro na terra, e lamberán o po dos teus pés. Entón recoñecerás que eu son o Señor, porque non se avergonzarán os que esperan en min.


farei que os teus opresores coman a súa propia carne, e que beban o seu propio sangue coma viño doce. Entón toda carne recoñecerá que eu son o Señor que te salvo, o teu Redentor, o Valente de Xacob".


pois eu son o Señor, o teu Deus, que axito o mar de xeito que braden as súas ondas. —Señor dos Exércitos é o meu nome—.


Mamarar o leite dos pobos e do peito dos reis mamarás, entón recoñecerás que eu son o Señor, o teu Salvador, si, o teu Redentor, o Forte de Xacob.


El dixo: "Si, son o meu pobo, os fillos que non traizoan", e convertéuselles no seu Salvador


E deste xeito volveredes ser para min o meu pobo, e eu serei para vós o voso Deus.


Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel despois deses días —é o Señor quen fala—: Hei meter a miña lei nas súas entrañas, escribireina nos seus corazóns, serei para eles o seu Deus, e eles serán para min o meu pobo.


Eu son o Señor, o voso Deus: seguide os meus preceptos, gardade as miñas leis e cumprídeas,


Pois eu son o Señor, o voso Deus: santificádevos para serdes santos, porque eu son santo. Non vos contaminedes con ningún réptil que se arrastra polo chan.


Eu son o Señor que vos fixen subir do país de Exipto, para ser o voso Deus: tendes que ser santos, pois eu son santo.


A ese terzo fareino pasar polo lume e acrisolareino como se acrisola a prata e probareino como se proba o ouro. El invocará o meu nome e eu escoitareino; direille "ti es o meu pobo" e el dirame "Iavé meu Deus".


Eu son o Señor, o voso Deus, que vos tirei do país do Exipto para ser o voso Deus. Eu son o Señor, o voso Deus!"


Eu son o Deus de Abraham, o Deus de Isaac, o Deus de Xacob? Ben, pois El non é Deus dos mortos, senón dos vivos.


Que máis se pode dicir despois disto? Se Deus está connosco, quen contra nós?


xa que ti es un pobo consagrado ao Señor, o teu Deus, e o Señor escolleute para que lle foses o pobo da súa especial posesión entre todos os pobos que hai sobre a terra.


E hoxe o Señor fíxoche dicir a ti que serías o pobo da súa persoal propiedade tal como cho prometera e que gardarías os seus mandamentos,


co fin de que el te constitúa hoxe nun pobo para El, e que El sexa Deus para ti, tal como cho dixo e tal como llelo prometeu con xuramento ós teus pais, a Abraham, a Isaac e a Xacob.


Pero non vou concluír convosco sós esta alianza e este pacto xurado.


non comestes pan nin bebestes viño nin licor, para que recoñezades que eu, o Señor, son o voso Deus.


Pero a vosoutros o Señor colleuvos e sacouvos do forno do ferro, de Exipto, para constituírvos no que o día de hoxe sodes, o pobo da súa herdanza.


Porque ti es un pobo consagrado ao Señor, o teu Deus. O Señor, o teu Deus, escolleute para seres o pobo da súa persoal propiedade entre todos os pobos que viven sobre a superficie da terra.


Pero máis ben suspiraban por outra patria mellor: a celestial. Por iso Deus non se avergonza de que o chamen o seu Deus, xa que lles preparou unha cidade.


Vós, os que antes non erades pobo, agora sodes o pobo de Deus; ninguén se compadecía de vós, pero agora atopastes quen se compadeza de vós.


E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: "Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro.


O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el o seu Deus e el será para min o meu fillo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan