6 Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.
—pois haberá moito que falar e oír sobre a grandeza do teu nome, sobre o poder da túa man o sobre a largueza do teu brazo—, cando ese estranxeiro veña rezarche a este templo,
Hai sobre a terra unha soa nación que sexa coma o teu pobo Israel, o que Deus veu rescatar para facelo seu, con tantos milagres e prodixios, e desbotando as nacións diante del, como fixeches con Israel, ó que liberaches da servidume de Exipto?
Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.
Cando Moisés era xa grande, foi un día visitar a seus irmáns, e atopounos coas súas cargas. Viu tamén que un home exipcio batía nun hebreo de entre seus irmáns.
Teño decidido sacarvos da miseria de Exipto e levarvos ó país dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos, unha terra que deita leite e mel.
Vou baixar e libralos do poder dos exipcios, e levalos desta terra a unha terra boa e largacía, terra que deita leite e mel, ós lugares dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.
Entón rogou Moisés ante o Señor, o seu Deus: —"Por que, Señor, se ten que acender a túa ira contra o teu pobo, que con moito poder e con man rexa sacaches de Exipto?
"Eu son quen creou o mundo, cos homes e cos animais que hai sobre a superficie da terra, co meu enorme poder e co meu poderoso brazo: e doullo a quen me parece ben.
o Deus deste pobo de Israel escolleu a nosos pais e engrandeceu este pobo durante o seu exilio na terra de Exipto; despois tirounos de alí coa forza do seu brazo.
Recoñecédeo hoxe. Certo que non se trata dos vosos fillos, que nin coñeceron nin viron o castigo do Señor, voso Deus, nin a súa grandeza, nin a súa man poderosa, nin o seu brazo estendido,
Tende coidado, non vos esquezades da alianza do Señor, o voso Deus, a que el pactou convosco, nin vos fagades ídolos da figura de calquera cousa, porque cho prohibiu o Señor, o teu Deus;
Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?
Lémbrate de que fuches servo no país de Exipto e de que te sacou de alí o Señor o teu Deus con man forte e brazo estendido. Por isto mandouche o Señor o teu Deus que observases o día de descanso sabático.
das grandes probas que viron os teus ollos, dos sinais e prodixios, da man poderosa e do brazo estendido que sacou no teu favor o Señor, o teu Deus. Así actuará o Señor, o teu Deus, contra todos os pobos, en presenza dos que ti sentes medo.
senón que foi polo amor do Señor para vós e por manter El o xuramento que lles fixera ós vosos pais, polo que o Señor vos sacou con man forte e vos rescatou da situación de escravitude, do poder do faraón, rei de Exipto.