Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 6:2 - Biblia SEPT

2 Deus seguiu dicindo: —"Eu son Iavé.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 6:2
19 Iomraidhean Croise  

Despois díxolle o Señor: —"Eu son o Señor, que te sacou de Ur dos Caldeos, para che dar en herdo esta terra".


Esa noite pasarei eu por todo o Exipto e ferirei de morte todos os primoxénitos, desde os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza con todos os deuses de Exipto. Eu, o Señor.


O mostrar a miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que eu son Iavé".


O Señor é un guerreiro. O seu nome é Iavé.


A asemblea dos israelitas, seguindo as ordes do Señor, saíu do deserto de Sin e, por xeiras, chegou a Refidim, onde acampou. O pobo non atopou alí auga que beber,


—"Eu son o Señor, o teu Deus, que te saquei da terra de Exipto, da condición de escravitude.


Deus respondeulle a Moisés: —"EU SON O QUE SON". E engadiu: —"Diraslles así ós israelitas: EU SON mándame onda vós".


E mandoulle aínda: —"Diraslles tamén ós israelitas: Iavé, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob mándame onda vós. Ese será o meu nome para sempre. Por el invocaranme todas as xeracións.


díxolle: —"Eu son Iavé. Repítelle ó faraón, rei de Exipto, todo o que eu che digo".


Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.


Levareivos á terra que xurei darlles a Abraham, a Isaac e a Xacob, e daréivola a vós en posesión. Eu, Iavé".


Eu, Iavé, este é o meu Nome! A miña gloria a outro non lla dou; nin a miña loanza ós ídolos.


Eu, eu son o Señor, e fóra de min non hai outro salvador.


Eu son o Señor, o voso Santo, o Creador de Israel, o voso Rei".


Así fala o Señor, Rei de Israel, o seu Redentor, o Señor dos Exércitos: "Eu son o Primeiro, e tamén o Derradeiro; non hai outro Deus fóra de min.


Mirade: están chegando os días —é o Señor quen fala— nos que lles pedirei contas a todos os circuncisos das súas impurezas,


has de lles dicir: así fala o meu Señor, Iavé: —O día no que eu escollín a Israel, xureille coa miña man erguida á liñaxe da Casa de Xacob, cando me dei a coñecer a eles, xureilles coa man levantada: Eu son o Señor, o voso Deus.


Eu son o Señor, non cambiei, pero vós, fillos de Xacob (do que engana) aínda non acabastes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan