Moisés replicou: —"Xa me estou vendo chegar onda os israelitas e dicíndolles: O Deus de vosos pais mándame onda vós. Mais eles preguntaranme: E cal é o seu nome? Que lles direi eu entón?"
Moisés desculpouse: —"Ai, Señor; eu non son home de labia: non o era antes de hoxe, nin o son desde que ti falas co teu servo. Son torpe de palabra e de lingua".
Pero o Señor seguiu falando con Moisés e Aharón e dándolles as súas ordes para os israelitas e para o faraón, rei de Exipto, co fin de sacar de alí ós israelitas.
Eu dixen: "Ai de min! Estou perdido! Pois sendo un home de labios lixados, e que vive entre un pobo de labios lixados, vin cos meus ollos o mesmo Rei, o Señor dos Exércitos".
—A quen llo direi? A quen porei por testemuña para que me escoiten? Teñen o oído incircunciso, non son capaces de poñer atención. Velaquí a Palabra de Deus: é para eles palabra de censura que non lles agrada.
Por iso tamén eu tiven que me comportar con eles, opóndome e desterrándoos a un país inimigo. Entón humillarase o seu corazón incircunciso e expiarán a súa culpa.
O Señor, o teu Deus, circuncidará o teu corazón e o corazón da túa descendencia, para que ames o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón e con todo o teu ser, a fin de que vivas feliz.