Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 6:1 - Biblia SEPT

1 O Señor díxolle a Moisés: —"Agora verás o que vou facer co faraón. Forzado por man rexa, deixaravos saír e mesmo vos botará da súa terra".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 6:1
27 Iomraidhean Croise  

O que o oficial do rei lle respondera: —"Aínda se o Señor abrise fiestras no ceo, pasaría tal cousa?" O que Eliseo respondera: —"Halo ver cos teus ollos, pero ti non o probarás".


O oficial que daba o seu brazo ó rei para apoio replicoulle ó home de Deus: —"Aínda que abrise Deus fiestras no ceo, pasaría tal cousa?". El respondeulle: —"Halo ver cos teus ollos, pero ti non o probarás".


Non teredes necesidade de combater; estade quietos e firmes contemplando como vos salva o Señor. Xudá e Xerusalén, non vos asustedes nin acovardedes. Saíde mañá ó seu encontro, que o Señor estará convosco".


—"A lingua é a nosa forza, contamos cos nosos labios: quen será o noso dono?".


—"Pola opresión dos humildes e os xemidos dos pobres, agora mesmo me levanto —di o Señor—: porei en salvo a todos os que o arelan".


con man forte e brazo rexo, porque o seu amor é eterno.


Ti creaches o norte e o sur, o Tabor e o Hermón exultan no teu nome.


O Señor díxolle a Moisés: —"Vou mandar aínda unha praga sobre o faraón e o seu pobo. Despois vaivos deixar saír de aquí. Mellor dito, botaravos el mesmo de Exipto.


Na mesma noite mandou o faraón chamar a Moisés e a Aharón, para dicirlles: —"Erguédevos e saíde do medio do meu pobo con todos os israelitas. Ide e dade culto a Iavé, como dixestes.


Os exipcios facían forza sobre o pobo, para que saíse axiña do país, pois dicían: —"Imos morrer todos".


Coceron a masa que sacaran de Exipto e fixeron bolas de pan asmo, pois non lle deran tempo a levedar. Como saíran de Exipto empuxados, non puideron deterse a preparar merenda para a viaxe.


Cando mañá o teu fillo che pregunte: Que significa isto?, ti diraslle: O Señor sacounos con man forte de Exipto, da casa da servidume.


Será coma un sinal que pos no teu brazo e coma unha lembranza diante dos teus ollos: o Señor sacoute de Exipto con man forte".


Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.


Será coma un sinal que pos no teu brazo e coma unha lembranza diante dos teus ollos; levarás nos teus labios a lei do Señor, que te sacou de Exipto con man forte.


Moisés respondeulles: —"Non teñades medo. Mantédevos enteiros e veredes a salvación que vos concederá hoxe o Señor. Os exipcios que hoxe vedes, non os veredes nunca máis.


A túa destra, Señor, distínguese pola forza, a túa destra, Señor, tronza ós inimigos.


O non darvos creto o faraón, eu porei sobre Exipto a miña man e sacarei as multitudes do pobo de Israel daquela terra con fortes escarmentos.


Os exipcios aprenderán que eu son Iavé, cando alongue a miña man contra o Exipto e saque de alí os israelitas".


O que fixo avanzar o seu glorioso brazo por medio da destra de Moisés, o que partiu as augas diante deles, construíndose para si un renome eterno.


O Señor respondeulle a Moisés: —"Por ventura é impotente a man do Señor? Agora vas ver por ti mesmo, se se cumpre ou non a miña palabra!"


Non existe maxia en Xacob, nin adiviñacións en Israel. O seu tempo diráselle a Xacob e a Israel o que El vai facer.


o Deus deste pobo de Israel escolleu a nosos pais e engrandeceu este pobo durante o seu exilio na terra de Exipto; despois tirounos de alí coa forza do seu brazo.


Agora ollade: certo que eu son eu, e non hai outros deuses comigo. Eu fago morrer e fago vivir; ferín, pero curarei, e non hai quen escape da miña man.


Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan