Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 5:9 - Biblia SEPT

9 Póndelle a esa xente un traballo máis duro. Que se entreteñan con el e que non lles dean creto a contos mentireiros".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 5:9
8 Iomraidhean Croise  

Pensas que as palabras dos beizos son estratexia e forza para a guerra? En que confías agora, para te repoñeres contra min?


Non haberá un límite para as verbas baldeiras? ou que é o que te move a responder?


Foron os capataces e os gardas e faláronlle ó pobo: —"Isto di o faraón: Non seguirei provéndovos de palla.


Pero esixirédeslles a mesma cantidade de adobes que facían ata hoxe, sen rebaixarlles nada, pois son uns lacazáns. Por iso berran, dicindo: Queremos ir ofrecer un sacrificio ó noso Deus.


Azarías, fillo de Hoxaías, e Iohanán, fillo de Caréah e todos os homes soberbios tomaron a palabra para lle dicir a Xeremías: —Ti estasnos comunicando mentiras. O Señor o noso Deus non mandou que digas: "Non entredes a Exipto para vivirdes alí",


As miñas palabras e os meus decretos, que eu encarguei ós meus servos os profetas, non lles chegaron ós vosos pais? Eles convertéronse e dixeron: "Tal coma o Señor dos Exércitos pensou facernos a nós, conforme ós nosos vieiros e ós nosos feitos, así nolo fixo".


Dicides: "É cousa inútil servir a Deus! Que proveito quitamos de gardar os seus mandamentos, e de camiñarmos en penitencia na presenza do Señor dos Exércitos?


Que ninguén vos engaiole con palabras baleiras, que por estas cousas vén a ira de Deus sobre os fillos rebeldes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan