Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 5:3 - Biblia SEPT

3 Eles dixeron: —"O Deus dos hebreos chámanos. Déixanos facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos un sacrificio a Iavé o noso Deus, e que non nos fira coa peste ou coa espada".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 5:3
12 Iomraidhean Croise  

Desde o comezo do seu asentamento non recoñeceron ó Señor, e o Señor enviou leóns, que mataron a moitos deles.


Non sexades testáns coma os vosos pais. Entregádevos ó Señor, acudide ó santuario que foi consagrado para sempre. Servide ó Señor, voso Deus, e El apartará de vós o ardor da súa cólera.


Fágase puntualmente canto ordene o Deus dos ceos referente ó seu templo, co fin de que a súa cólera non se excite contra o imperio do rei e contra os seus fillos.


Eles faranche caso, e ti e mais os anciáns de Israel iredes onda o rei de Exipto e dirédeslle: Iavé, o Deus dos hebreos, veu ó noso encontro e agora temos que facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos sacrificios a Iavé, o noso Deus.


Diraslle así: Iavé, o Deus dos hebreos, mandoume dicirche isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto no deserto. Ata agora non fixeches caso aínda.


O Señor mandou a Moisés que lle dixese a Aharón: —"Tende a túa man coa vara sobre os ríos, os canais e as pozas, e que a terra de Exipto quede cuberta de ras".


O Señor cumpriuno así. Entraron enxames de tabáns no pazo do faraón e nas casas dos seus servos. Toda a terra de Exipto estaba infestada de tabáns.


O Señor fixo que fose como Moisés lle pedía. Os tabáns arredáronse de onda o faraón, da súa corte, do seu pobo, sen quedar sequera un.


Así fala o Señor, Iavé: Bate as túas palmas, patea cos teus pés e di: Ai de todas as malignas abominacións da casa de Israel! Por fin! A casa de Israel caerá pola espada, de fame e mais de peste.


Farei vir contra vós unha espada vingadora da miña alianza. Teimaredes por vos refuxiar nas vosas cidades, pero heivos mandar unha peste e caeredes nas mans dos vosos inimigos;


Que o Señor che apegue a peste ata facerte desaparecer de sobre a terra, na que ti entraches para tomala en posesión.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan