21 Dixéronlles: —"Que o Señor olle o voso feito e que xulgue. Fixéstesnos aborrecer polo faraón e polos seus servidores, e puxésteslles na man a espada para que nos maten".
Entón díxolle Sarai a Abram: —"Esta inxuria recae sobre ti. Puxen a serva nos teus brazos e, embarazada, pérdeme o respecto. Que xulgue o Señor entre nós os dous".
Xacob díxolles a Simeón e a Leví: —"Botástesme a perder, facéndome noxento para os habitantes desta terra, cananeos e perizitas. Eu teño pouca xente. Se eles se xuntan contra min e me atacan, acabarán comigo e coa miña familia".
Cando viron os amonitas que se fixeran aborrecibles para David, decidiron adquirir soldados a soldo: vinte mil soldados de a pé, dos arameos de Bet Rehob e dos arameos de Sobah, vinte mil homes do rei de Macah e doce mil homes de Tob.
Os fillos de Amón viron que se fixeran odiosos a David, e Hanún e os fillos de Amón mandaron mil talentos de prata para contratar os carros e os cabaleiros de Mesopotamia, de Macah e de Sobah.
Dixéronlle a Moisés: —"Seica non había sepulturas en Exipto, para que nos fixeses vir morrer no deserto? Que ben nos fixeches con sacáresnos de Exipto?
A carga das bestas de Arabia que chegou por terra de angustia e perigo, con leoas e leóns ruxintes, con víboras e serpentes voadoras, eles lévana sobre os lombos de burros, pois son as súas riquezas; sobre a xiba dos camelos levan os tesouros para un pobo do que non sacan proveito.
senón que porei lonxe de vós o inimigo do norte, e botareino para un país reseco e deserto: coa súa vangarda cara ó mar do nacente, e coa súa retagarda cara ó mar do poñente; subirá o seu fedor, seguirá subindo a súa pestilencia, xa que quixo facer grandes cousas".
todos aqueles homes que viron a miña Gloria e os prodixios que fixen no Exipto e no deserto, e me tentaron xa por dez veces, sen escoitaren a miña voz,
Por que nos conduce o Señor a este país, para sermos atravesados pola espada e para que as nosas mulleres e os nosos nenos sexan feitos cativos? Non nos sería mellor volver para o Exipto?"