Non vos deixedes enganar e seducir por Ezequías. Non confiedes nel. Ningún deus de ningunha nación ou reino puido librar o seu pobo da miña man e da dos meus antepasados. E vaivos poder librar o voso Deus!"
Realizaches signos e prodixios contra o Faraón, contra todos os seus servidores e contra todo o pobo do seu país, pois sabías que no seu orgullo nos maltratara, e conquistaches un nome que aínda hoxe perdura.
E toda a xeración aquela foise xuntar cos seus pais; e veu despois deles outra xeración que non coñecía ó Señor nin o que tal fixera en favor de Israel.