13 Os capataces apremábanos, dicíndolles: —"Acabade a xeira do día, como cando tiñades palla".
Asignáronlles, pois, capataces, co fin de oprimilos con traballos, cando construían as cidades-graneiros de Pitom e de Ramsés.
Aquel día ordenoulles o faraón ós capataces e ós gardas:
A xente espallouse por toda a bisbarra, á pescuda de restrollo para a palla dos adobes.
Os capataces do faraón batían nos inspectores israelitas que eles mesmos puxeran á cabeza da xente, e dicíanlles: —"Por que non completades agora a cantidade asignada, coma nos días pasados?"
Ide vós mesmos buscala onde queira que a haxa. Pero a vosa tarefa non ha minguar en nada".
Despois celebraron a festa das Tendas, como está escrito, presentando o holocausto todos os días segundo o número diario fixado polo costume.
Rise do xentío da cidade, non ten que oír os berros do arrieiro;