Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 5:12 - Biblia SEPT

12 A xente espallouse por toda a bisbarra, á pescuda de restrollo para a palla dos adobes.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 5:12
9 Iomraidhean Croise  

Coa túa aterradora maxestade crebas os teus contrarios, cando soltas o teu noxo, consómeos coma palla.


Ide vós mesmos buscala onde queira que a haxa. Pero a vosa tarefa non ha minguar en nada".


Os capataces apremábanos, dicíndolles: —"Acabade a xeira do día, como cando tiñades palla".


Velaí: son coma o coaño: queimaraos o lume: non salvarán as súas vidas do poder da chama, non serán brasa para cocer opan, nin lume para sentarse a carón.


Como as linguas de lume devoran o restrollo e a chama destrúe a pallugada, así a súa raíz volverase podre, e os seus abrollos voarán coma o coaño, pois rexeitaron a instrución do Señor dos Exércitos e desprezaron a palabra do Santo de Israel.


Coma o zunido dos carros de guerra, corren sobre os cumes dos montes, coma o estalar do lume no incendio que consome o restrollo, coma un pobo poderoso, preparado para a guerra.


A casa de Xacob será lume, a casa de Xosé, labarada, e a casa de Esaú servirá de estopa, que prenderá neles e consumiraos, e non haberá sobrevivente da casa de Esaú. Si!, díxoo o Señor.


O mesmo ca unha silveira revolta serán consumidos totalmente; coma a palla seca tamén eles serán devorados,


E sobre esta cimentación xa se pode edificar con ouro, con prata e con pedras preciosas ou con madeira, con feo e con palla,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan