Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 5:1 - Biblia SEPT

1 Moisés e Aharón presentáronse ó faraón para lle dicir: —"Isto di Iavé, o Deus de Israel: Deixa saír o meu pobo, para que celebre a miña festa no deserto".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 5:1
26 Iomraidhean Croise  

Acab díxolle a Elías: —"Descubríchesme, meu inimigo". El respondeulle: —"Descubrinte. Xa que te vendiches, facendo o mal ós ollos do Señor,


Falarei ante os reis das túas revelacións e non me avergonzarei.


Moisés e Aharón presentáronse ó faraón, para dicirlle: —"Así fala Iavé: Por canto tempo te negarás a abaixarte diante de min? Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.


Se non o deixas saír, mañá traerei a lagosta ó teu país.


Respondeulle Moisés: —"Iremos nós cos nenos e cos vellos, cos fillos e coas fillas. Levaremos tamén as ovellas e as vacas, pois celebramos a festa de Iavé".


Eles faranche caso, e ti e mais os anciáns de Israel iredes onda o rei de Exipto e dirédeslle: Iavé, o Deus dos hebreos, veu ó noso encontro e agora temos que facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos sacrificios a Iavé, o noso Deus.


Agora, pois, se merezo o teu favor, ensíname o teu camiño, para que eu te coñeza e faga por merecer o teu favor. Mira por esta xente que é o teu pobo".


E eu dígoche: Deixa saír a meu fillo, para que veña darme culto. Se te negas a deixalo, eu matarei o teu fillo primoxénito".


—"Vai onda o faraón, rei de Exipto, e dille que deixe saír os israelitas da súa terra".


os que falaron ó faraón, rei de Exipto, de deixalos saír de alí. Eses foron Moisés e Aharón.


Diraslle así: Iavé, o Deus dos hebreos, mandoume dicirche isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto no deserto. Ata agora non fixeches caso aínda.


Ti dirás todo o que eu che mando, e teu irmán Aharón diralle ó faraón que deixe saír os israelitas da súa terra.


O Señor mandou a Moisés que lle dixese a Aharón: —"Tende a túa man coa vara sobre os ríos, os canais e as pozas, e que a terra de Exipto quede cuberta de ras".


O Señor díxolle a Moisés: —"Mañá érguete cedo, preséntate ó faraón cando sae cara ó río, e dille que Iavé ordena isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.


Se non o deixas saír, botarei tabáns enriba de ti, dos teus ministros, do teu pobo, da túa xente. Encheranse deles as casas e a mesma terra onde pisan.


O Señor cumpriuno así. Entraron enxames de tabáns no pazo do faraón e nas casas dos seus servos. Toda a terra de Exipto estaba infestada de tabáns.


O Señor fixo que fose como Moisés lle pedía. Os tabáns arredáronse de onda o faraón, da súa corte, do seu pobo, sen quedar sequera un.


O Señor díxolle a Moisés: —"Vai onda o faraón e faille saber que isto di Iavé, o Deus dos hebreos: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.


Se non os deixas saír e os segues detendo pola forza,


Nesta montaña o Señor dos Exércitos ofreceralles a todos os pobos un banquete de boas talladas, de viños anellos, carnes ben condimentadas, viños refinados.


E ti, fillo de Adam, non teñas medo nin a eles nin ó que eles che digan. Certo que se reviraron contra ti e que te rexeitaron, pero aínda que sentes sobre alacráns, non teñas medo ó que che digan, nin te sintas acovardado ante eles, pois son casa rebelde.


E pola miña causa hanvos levar ante gobernadores e reis, así daredes testemuño de min diante deles e dos pagáns.


Non lles teñades medo ós que matan o corpo pero non poden matar a alma; temede máis ben a aquel que pode arruinar o corpo e a alma no inferno.


E agora, Señor, olla para as súas ameazas e concédelles ós teus servidores proclamar con toda ousadía a túa palabra.


Fagamos, logo, a festa pero non con fermento vello nin con fermento de malicia e perversidade, senón con pan ácimo de pureza e de verdade.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan