Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 4:5 - Biblia SEPT

5 —"Isto é para que crean que se che apareceu o Señor, o Deus de teus pais, Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 4:5
27 Iomraidhean Croise  

O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.


Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o Señor para lle dicir: —"Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo comigo e se perfecto.


O Señor apareceuse na carballeira de Mambré a Abraham, estando este sentado á entrada da súa tenda, nas horas da calor.


O Señor aparecéuselle e díxolle: —"Non baixes a Exipto. Asenta na terra que eu che mostrarei.


Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.


E bendiciu a familia de Xosé: —"O Deus ante quen camiñaron meus pais, Abraham e Isaac, o Deus que foi o meu pastor, desde que existo ata hoxe,


E díxolle a Xosé: —"O Deus todopoderoso aparecéuseme en Luz, na terra de Canaán, e bendiciume.


Chegada a hora da ofrenda, o profeta Elías achegouse ó altar e rezou: —"Señor, Deus de Abraham, de Isaac e de Israel; que se saiba hoxe que ti es o Deus de Israel e que eu son o teu servo, que fago polo teu mandato estas cousas.


De madrugada puxéronse en marcha cara ó deserto de Tecoa. Cando saían, Ioxafat detívose e dixo: —"Xudeus e habitantes de Xerusalén, escoitádeme: confiade no Señor, voso Deus, e subsistiredes; confiade nos seus profetas, e venceredes".


O Señor díxolle a Moisés: —"Voume acercar a ti na mesta nube, para que o pobo oia como falo contigo e para que en diante crea en ti". Moisés levoulle ó Señor a resposta do pobo.


E mandoulle aínda: —"Diraslles tamén ós israelitas: Iavé, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob mándame onda vós. Ese será o meu nome para sempre. Por el invocaranme todas as xeracións.


Agora vai, xunta os anciáns de Israel e dilles: Iavé, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, aparecéuseme e díxome: Veño visitarvos, pois xa vin como vos tratan en Exipto.


Eles faranche caso, e ti e mais os anciáns de Israel iredes onda o rei de Exipto e dirédeslle: Iavé, o Deus dos hebreos, veu ó noso encontro e agora temos que facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos sacrificios a Iavé, o noso Deus.


En vendo o Señor que Moisés se achegaba para ver, chamouno desde a silveira: —"Moisés! Moisés!" El respondeu: —"Aquí estou".


E engadiu: —"Eu son o Deus de teu pai, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob". Moisés tapou a cara, polo medo de ver a Deus.


Moisés díxolle ó Señor: —"Os israelitas non me crerán nin farán caso de min. Dirán: O Señor non se che apareceu".


O pobo creu. E en oíndo que o Señor visitaba ós israelitas e coidaba deles na opresión, axeonlláronse e adorárono.


O Señor mandou a Moisés: —"Bótalle a man e cóllea polo rabo". El botoulle a man e agarrouna. E a cobra trocouse de novo en vara na súa man.


A capital de Efraím é Samaría, e a cabeza de Samaría é o fillo de Remalías. Vós non credes. Pois non subsistiredes!"


de lonxe aparéceselle o Señor. Quíxente cun amor eterno, por iso mantiven moito tempo a miña fidelidade.


e alégrome por vós de non estarmos alí, para que creades. Así que vamos onda el!


Eu ben sabía que ti sempre me escoitas, pero díxeno pola xente que está aquí, para que crean que ti me mandaches.


Despois díxolle a Tomé: Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.


Estes escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus e, crendo, teñades vida nel.


Mais eu teño un testemuño máis importante có de Xoán, pois as obras que o Pai me encargou de levar a cabo, esas obras que eu fago, dan fe de que eu son un mandado do Pai.


El respondeu: Irmáns e pais, escoitade: o Deus da gloria aparecéuselle ó noso pai Abraham, cando estaba na Mesopotamia, antes de se establecer en Harán,


Pero máis ben suspiraban por outra patria mellor: a celestial. Por iso Deus non se avergonza de que o chamen o seu Deus, xa que lles preparou unha cidade.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan