Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 4:23 - Biblia SEPT

23 E eu dígoche: Deixa saír a meu fillo, para que veña darme culto. Se te negas a deixalo, eu matarei o teu fillo primoxénito".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 4:23
22 Iomraidhean Croise  

Feriu os primoxénitos en todo o país, as primicias do seu vigor.


El feriu os primoxénitos de Exipto, o mesmo os dos homes cós dos gandos.


Feriu os primoxénitos de Exipto, porque o seu amor é eterno;


Feriu os primoxénitos de Exipto, as primicias do vigor nas tendas de Cam.


Moisés e Aharón presentáronse ó faraón, para dicirlle: —"Así fala Iavé: Por canto tempo te negarás a abaixarte diante de min? Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.


Se non o deixas saír, mañá traerei a lagosta ó teu país.


e morrerán os primoxénitos todos do país, desde o primoxénito do faraón que senta no trono, ata o da serva que move a pedra do muíño, e mesmo os primoxénitos do gando.


A medianoite o Señor feriu de morte a todos os primoxénitos de Exipto, desde o primoxénito do faraón que senta no trono, ata o do prisioneiro que está no calabozo, e mesmo os primoxénitos do gando.


O faraón teimaba en non deixarnos saír, e entón o Señor matou a todos os primoxénitos de Exipto, os dos homes e os do gando. Por iso nós sacrificamos para o Señor as primeiras crías do gando que son machos, e rescatamos os fillos primoxénitos.


Moisés contoulle ó seu sogro o que Deus fixera co faraón e cos exipcios por mor de Israel, e as coitas que tiveran na viaxe e como o Señor os librara delas.


Eles faranche caso, e ti e mais os anciáns de Israel iredes onda o rei de Exipto e dirédeslle: Iavé, o Deus dos hebreos, veu ó noso encontro e agora temos que facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos sacrificios a Iavé, o noso Deus.


Moisés e Aharón presentáronse ó faraón para lle dicir: —"Isto di Iavé, o Deus de Israel: Deixa saír o meu pobo, para que celebre a miña festa no deserto".


—"Vai onda o faraón, rei de Exipto, e dille que deixe saír os israelitas da súa terra".


Diraslle así: Iavé, o Deus dos hebreos, mandoume dicirche isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto no deserto. Ata agora non fixeches caso aínda.


O Señor mandou a Moisés que lle dixese a Aharón: —"Tende a túa man coa vara sobre os ríos, os canais e as pozas, e que a terra de Exipto quede cuberta de ras".


O Señor díxolle a Moisés: —"Mañá érguete cedo, preséntate ó faraón cando sae cara ó río, e dille que Iavé ordena isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.


Se non o deixas saír, botarei tabáns enriba de ti, dos teus ministros, do teu pobo, da túa xente. Encheranse deles as casas e a mesma terra onde pisan.


O Señor cumpriuno así. Entraron enxames de tabáns no pazo do faraón e nas casas dos seus servos. Toda a terra de Exipto estaba infestada de tabáns.


O Señor díxolle a Moisés: —"Vai onda o faraón e faille saber que isto di Iavé, o Deus dos hebreos: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.


O Señor díxolle a Moisés: —"Mañá érguete cedo, preséntate ó faraón e comunícalle que Iavé, o Deus dos hebreos, manda isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.


Se non os deixas saír e os segues detendo pola forza,


Cando Israel era escravo, eu ameino, e de Exipto chamei ós seus fillos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan