Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 4:22 - Biblia SEPT

22 Ti diraslle: Así di o Señor: Israel é meu fillo primoxénito.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 4:22
17 Iomraidhean Croise  

El dirame: —Ti es meu pai, meu Deus, rocha da miña salvación.


—"Vai onda o faraón, rei de Exipto, e dille que deixe saír os israelitas da súa terra".


Diraslle así: Iavé, o Deus dos hebreos, mandoume dicirche isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto no deserto. Ata agora non fixeches caso aínda.


Pois ti es o noso Pai. Certamente Abraham non nos recoñece, nin Israel nos entende, (pero) ti, Señor, es o noso Pai, o "noso Redentor desde sempre" é o teu Nome.


Señor, non te enfades aínda máis, non te lembres para sempre da iniquidade. Olla, fíxate ben: todos nós somos o teu pobo.


É Israel un escravo ou é un fillo nado na familia? Como é que se converteu en presa


Velaí, chegarán chorando; pero entre aclamacións de agradecemento, heinos conducir, heinos levar ós regueiros de auga por un camiño seguro onde non han tropezar. Si, volvereime pai de Israel, e Efraím será o meu primoxénito.


Cando Israel era escravo, eu ameino, e de Exipto chamei ós seus fillos.


O fillo venera ó pai, e o servo ó señor. Pero, se eu son o Pai, onde está a miña veneración? E se eu son o Señor, onde está o meu respecto?" —dívolo o Señor dos Exércitos a vós, sacerdotes que desprezades o meu Nome. E vós dicides: "En que desprezamos o teu Nome?"


Alí permaneceu ata a morte de Herodes, cumpríndose así o que dixera o Señor por medio do profeta: Chamei o meu fillo para que saíse de Exipto.


Eles son israelitas e a eles pertencen a adopción filial, a gloria de Deus e as alianzas, a lexislación, o culto e as promesas;


Serei un pai para vós e vós seredes para min fillos e fillas, di o Señor que todo o sostén.


Fillos sodes vós do Señor, o voso Deus. Non vos fagades incisión, non fagades rapado entre os vosos ollos por quen morre,


Isto lle facedes ao Señor, pobo parvo e sen sabedoría? Non é El o teu Pai, quen te creou? Non é El quen te fixo, quen che deu o ser?


en festa dos primoxénitos censados no ceo, e diante de Deus, xuíz de todos, e das ánimas dos xustos que xa chegaron á súa perfección,


Pola súa vontade tróuxonos á vida coa palabra da verdade, para que fósemos como as primicias das súas criaturas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan