Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 4:21 - Biblia SEPT

21 O Señor díxolle a Moisés: —"En volvendo a Exipto, farás diante do faraón os moitos milagres para os que eu che darei poder. Eu endurecerei o seu corazón, e non deixará saír o pobo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 4:21
34 Iomraidhean Croise  

Entón dixo o Señor: —"O meu alento de vida non permanecerá cos homes para sempre, pois non son máis ca carne. A súa vida non durará máis de cento vinte anos".


E el respondeu: —Irei e fareime espírito de mentira na boca dos seus profetas. A iso dixo o Señor: Ti poderalo enganar: vai e faino.


A estes viroulles o corazón, e aborreceron o seu pobo, fixeron aleivosías cos seus servos.


cando fixo sinais en Exipto, escarmentos nos campos de Soán.


O Señor díxolle a Moisés: —"Vai onda o faraón. Eu endurecino a el e á súa corte, para facer diante deles os meus sinais,


Pero o Señor endureceu o corazón do faraón, e este non deixou saír os israelitas.


Pero o Señor endureceu o corazón do faraón, que non quixo deixalos saír.


Moisés e Aharón fixeron estes milagres diante do faraón. Pero o Señor endureceu ó faraón, que non deixou saír os israelitas da súa terra.


O Señor dixéralle a Moisés: —"O faraón non vos dará creto, e eu farei moitos milagres en Exipto".


Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros.


Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.


O Señor endureceu o corazón do faraón, rei de Exipto, para que perseguise ós israelitas, que saían co brazo ergueito.


Eu sei que o rei de Exipto non vos deixará saír, se non é forzado por man rexa.


Pero eu alongarei a miña man e ferirei a Exipto. Obrarei alí moitos prodixios, e deixaranvos saír.


O faraón teimou na súa e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.


Eu endurecerei o corazón do faraón, e farei moitos sinais e moitos milagres en Exipto.


En vendo o faraón que podía folguexar, endureceu o corazón e non lles fixo caso, conforme lles dixera o Señor.


Os magos dixéronlle entón ó faraón: —"O dedo de Deus anda aquí". Pero o corazón do faraón endureceu e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.


O Señor endureceu o corazón do faraón, e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor a Moisés.


O corazón do faraón endureceuse e non deixou saír os israelitas, conforme dixera o Señor por Moisés.


Entulla o corazón deste pobo, endurécelle os oídos, cégalle coa luz os ollos; que non vexa cos seus ollos, nin escoite cos seus oídos, que o seu corazón non comprenda e non se arrepinta e o cure".


Por que, Señor, nos deixaches extraviar lonxe dos teus vieiros, e fixeches endurecer o noso corazón apartándose do teu respecto? Cambia de actitude por amor dos teus servos, por amor das tribos da túa herdanza!


Cegou os seus ollos e endureceu os seus corazóns, non sexa que os seus ollos vexan e a súa mente entenda e se convertan e eu os salve.


E, como lles pareceu inadmisible seguir recoñecendo a Deus, Deus abandonounos ó perverso pensamento de faceren o que non é decente.


En resumo: de quen quere compadécese, e a quen quere enduréceo.


para estes somos un cheiro de morte, para morte; para os outros, un recendo de vida, para vida. E nestas cousas, hai alguén capaz abondo?


Desde Aroer, que está na beira do río Arnón, e desde a cidade que está no val, ata Galaad, non houbo cidade que se nos resistise. O Señor, o noso Deus, entregáranolas todas elas, á nosa vontade.


pois era cousa do Señor, que fixo endurecer os seus corazóns, de xeito que declarasen a guerra a Israel e fosen exterminados sen compaixón e aniquilados, como mandara o Señor a Moisés.


e aínda máis: en pedra onde se tropeza, en couce onde un se esnafra. Eles tropezan contra a Palabra, porque non lle fixeron caso: tropezar era o seu destino.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan