Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 4:2 - Biblia SEPT

2 O Señor preguntoulle: —"Que é iso que tes na man?" El respondeu: —"Unha vara".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 4:2
10 Iomraidhean Croise  

Xacob colleu entón varas verdes de bidueiro, de abeleira e de pradairo, e pelounas á tiras, de xeito que o branco das varas quedase ó descuberto.


Eliseo preguntoulle: —"Que podo facer por ti? Dime que tes na túa casa". Respondeulle ela: —"A túa serva non ten na casa máis ca unha aceiteira de aceite".


O cetro do poder mándacho o Señor desde Sión: domina nos teus inimigos.


Leva na man esa vara, coa que farás os sinais".


Moisés colleu a súa muller e os seus fillos, montounos nun asno e volveu para Exipto. Na man levaba Moisés a vara de Deus.


Vai onda el mañá cedo, cando sae para o río. Agárdao á beira do Nilo e leva na man a vara que se trocou en serpe.


—"Cando o faraón vos diga: Facédeme algún milagre, ti mandarás a Aharón: Colle a vara e bótaa diante do faraón. E converterase en serpe".


Xulgará ó pobre conforme a xustiza, e sentenciará con rectitude ós oprimidos da nación. Castigará ó violento coa vara da súa boca, e co espírito dos seus labios matará ó malvado.


Todo décimo de gando grande ou pequeno, é dicir, cada décima cabeza que pase por debaixo do caxato, será consagrado ó Señor.


Pastorea ó teu pobo co teu caxato, o rabaño da túa herdanza, que vive solitario na foresta, no medio dunha fértil camposa. Que pazan en Baxán e Galaad, coma nos días doutros tempos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan