Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 4:15 - Biblia SEPT

15 Ti falaraslle a el e porás as miñas palabras na súa boca. Eu estarei na túa boca e na del e ensinareivos o que habedes facer.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 4:15
24 Iomraidhean Croise  

Presentaraste diante do rei e diraslle isto e isto". E Ioab púxolle na boca o que había dicir.


Quen é o que teme ó Señor? El ensínalle o camiño que ha elixir:


Ensinarei o teu camiño ós pecadores e volverán a ti os descarreirados.


Respondeulle Deus: —"Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando: Cando saques o pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña".


Agora, ti vai. Eu estarei na túa boca e ensinareiche o que has dicir".


Moisés referiulle a Aharón o que o Señor lle dixera, como o enviara e os sinais que lle mandara facer.


Aharón referíullelo que o Señor lle dixera a Moisés, e este fixo á vista do pobo os sinais.


Si, puxen as miñas palabras na túa boca, e cubrinte coa sombra da miña man; desde que plantei o ceo e fundamentei a terra, díxenlle a Sión: "O meu pobo es ti".


Olládeme aquí: esta é a miña Alianza convosco —fala o Señor—: o meu Espírito está sobre ti, e as miñas palabras, que roxen na túa boca, non desaparecerán da túa boca nin da boca da túa descendencia nin da boca da descendencia da túa descendencia, desde agora e para sempre —fala o Señor—.


Alongou o Señor a súa man e tocou con ela na miña boca; logo díxome: —Fíxate: poño a miña palabra na túa boca,


Entón Xeremías colleu outro rolo e deullo a Baruc, fillo de Nerías, o escribán, que escribiu nel, ó ditado de Xeremías, todos os oráculos do libro que Ioaquim, rei de Xudá, queimara no lume. E aínda se lles engadiron a aqueles outros moitos oráculos semellantes.


Entón dixo Moisés: —"Nisto recoñeceredes que o Señor me mandou para facer todas estas accións, e que non fago nada pola miña conta:


E Balaam respondeulle a Balac: —"Velaquí que eu vin a ti agora! Mais poderei eu, por ventura, falar algo? A palabra que Deus poña na miña boca, esa falarei".


Balaam respondeulle dicindo: —"Por ventura non teño que ter coidado en dicir aquilo que Deus pon nos meus labios?"


O Señor veu ó encontro de Balaam, e póndolle a palabra na súa boca, díxolle: —"Torna a Balac, e falarás así!"


O Señor puxo unha palabra na boca de Balaam, e dixo: —"Torna a Balac, e falaraslle así".


ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo.


que eu vos darei unha elocuencia e mais unha sabedoría que non poderán resistir nin replicar os vosos adversarios.


Porque eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan


Quero que vos acorde, irmáns, o Evanxeo que vos prediquei, que vós aceptastes, no que ficades firmes


Fareilles xurdir un profeta coma ti do medio de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o que eu lle mande,


Pero ti, queda aquí comigo, que che vou ditar eu mesmo todos os mandamentos e preceptos e ordes que lles ensinarás a eles para que os poñan en práctica no país do que lles vou dar posesión.


Convida a Ixaí ó sacrificio e eu direiche o que has facer; unxirás a quen eu che diga".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan