O Señor, Deus do ceo, que me tirou da casa de meus pais e do meu clan, e que me prometeu con xuramento: Os teus descendentes dareilles este país, mandará diante de ti o seu anxo, e encontrarás alí a muller para o meu fillo.
o anxo que me librou de todo mal, bendiga estes nenos. Que resoe neles o meu nome e o de meus pais, Abraham e Isaac, e que se convertan nun xentío sobre a terra".
El seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar debaixo dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: —"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós meus pais".
O Señor enfadouse con Moisés e díxolle: —"Non está aí teu irmán Aharón, o levita? Eu sei que el é un home de palabra fácil. El sairá ó teu encontro e alegrarase de verte.
Se digo: "Non me vou acordar máis del, non falarei máis no seu Nome", entón a súa palabra vólvese coma un lume abrasador no meu corazón, un lume prendido nos meus ósos; fago forza por apagalo, pero non son capaz.
Pero Xonás ergueuse para fuxir a Tárxix lonxe da presenza do Señor. Baixou a Iafa, onde atopou un barco que marchaba para Tárxix. Pagou o billete do barco e colleuno para marchar nel a Tárxix, lonxe da presenza do Señor.
Entón o capitán chegouse a xunto del e díxolle: Que che pasa a ti para durmires un sono profundo? Érguete e pídelle auxilio a berros ó teu Deus. Quizais ese Deus se preocupe de nós e non perezamos.
E subiu o anxo do Señor desde Guilgal ata Boquim e dixo: —"Saqueivos de Exipto e fíxenvos entrar na terra que prometera a vosos pais; e dixen: endexamais romperei a alianza que fixen convosco.