Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 4:12 - Biblia SEPT

12 Agora, ti vai. Eu estarei na túa boca e ensinareiche o que has dicir".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 4:12
20 Iomraidhean Croise  

Mandou El ó seu servo Moisés e ó seu elixido Aharón,


Apréndeme a facer a túa vontade, pois ti es o meu Deus. Que o teu alento bo me guíe por unha terra cha.


Non sexades coma o cabalo e o mulo, que non teñen entendemento: hai que domarlles o ímpeto coa rédea e mais co freo, doutro xeito non se acercan.


Respondeulle Deus: —"Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando: Cando saques o pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña".


Moisés dixo: —"Ai, Señor; manda outro, o que a ti che pareza".


Ti falaraslle a el e porás as miñas palabras na súa boca. Eu estarei na túa boca e na del e ensinareivos o que habedes facer.


El falará por ti ó pobo. Será o teu voceiro e ti serás para el coma Deus.


Puxo na miña boca coma unha espada afiada, escondeume na sombra da súa man, converteume en frecha escolleita, gardoume na súa alxaba,


O Señor Deus concedeume lingua de discípulo, para saber instruír o cansado cunha palabra que o anime na mañá. El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.


Alongou o Señor a súa man e tocou con ela na miña boca; logo díxome: —Fíxate: poño a miña palabra na túa boca,


Entón dixo Moisés: —"Nisto recoñeceredes que o Señor me mandou para facer todas estas accións, e que non fago nada pola miña conta:


E cando vos leven para vos entregaren, non andedes agoniados polo que ides dicir; falade como vos veña á idea no momento; porque non seredes vós, senón o Espírito Santo quen fale.


Dunha vez despois de estar el orando en certo lugar, un dos discípulos pediulle: Mestre, apréndenos a rezar, como lles aprendeu Xoán ós seus discípulos.


pero o Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo e traeravos á memoria canto eu vos dixen.


e tamén por min, a fin de que se me dea a palabra en abrindo a miña boca, para anunciar abertamente o misterio do Evanxeo


Fareilles xurdir un profeta coma ti do medio de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o que eu lle mande,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan