Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 4:11 - Biblia SEPT

11 Respondeulle o Señor: —"Quen lles dá ós homes a boca? Quen os fai mudos ou xordos, tortos ou cegos? Non son eu, o Señor?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 4:11
18 Iomraidhean Croise  

Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros".


Hai cousa que non poida o Señor? De hoxe nun ano, cando eu volva, Sara terá un fillo".


o Señor abre os ollos dos cegos, o Señor endereita os dobrados, o Señor ama os xustos.


Ensinarei o teu camiño ós pecadores e volverán a ti os descarreirados.


Non vai oír quen plantou o oído? Non vai ver quen fixo os ollos?


Oído atento e ollo observador, ámbolos dous son obra do Señor.


para que lles abras os ollos ós cegos, para que libres do cárcere ós presos, da prisión ós que viven na escuridade.


e achegouna á miña boca, dicíndome: "Olla: isto tocou os teus labios, a túa culpa desapareceu, o teu pecado está perdoado".


Entón eu díxenlle: —Ai, meu Señor, Deus! Repara en que non sei falar, que son un rapaz.


Alongou o Señor a súa man e tocou con ela na miña boca; logo díxome: —Fíxate: poño a miña palabra na túa boca,


A man do Señor estivo sobre min a tarde aquela, antes de que chegase o escapado, e abriu a miña boca tan pronto como el chegou onda min pola mañá; abriuse a miña boca e non volvín estar mudo.


Tócase a trompeta na vila sen que o pobo se altere? Pasa unha desgraza na vila sen que Iavé a cause?


os cegos ven e os coxos andan, os leprosos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova.


E fíxate ben: vas quedar mudo e non poderás falar ata o día no que aconteza todo isto, xa que non criches nas miñas palabras que se han cumprir no seu tempo.


E de súpeto ceibóuselle a lingua, e empezou a falar bendicindo a Deus.


Pero outros replicaban: Estas palabras non son dun tolo endemoñado; ou é que un demoño pode darlles la vista ós ollos dos cegos?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan