3 Que ninguén suba contigo; que non se vexa unha persoa en todo o monte; que non pazan preto del nin ovellas nin vacas".
O Señor díxolle a Moisés: —"Baixa e advírtelle ó pobo que non traspasen os lindeiros para veren o Señor, pois morrerían moitos deles.
Ninguén poderá estar na Tenda do Encontro, namentres el está dentro facendo a purificación do santuario, ata que saia despois de expiar por si, pola súa familia e por toda a comunidade de Israel.
Porque hai un único Deus e un único mediador entre Deus e os homes: o home Cristo Xesús,
porque non podían co que se lles estaba mandando: "Quen toque o monte, aínda que sexa un animal, morrerá acantazado".