Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 34:1 - Biblia SEPT

1 O Señor díxolle a Moisés: —"Labra dúas táboas de pedra, o mesmo cás primeiras. Eu escribirei nelas as palabras que había nas que rompiches.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 34:1
11 Iomraidhean Croise  

(Lámed) A túa palabra, Señor, é eterna, firme coma o ceo.


O Señor díxolle a Moisés: —"Sube á montaña e queda onda min. Dareiche as táboas de pedra coa lei e cos mandamentos que escribín, para que llos ensines ó pobo".


Cando o Señor rematou de falar con Moisés no monte Sinaí, entregoulle as dúas táboas da alianza, táboas de pedra escritas polo dedo de Deus.


e eran obra de Deus: o gravado nas táboas era escritura de Deus.


Cando chegou ó campamento e viu o becerro e a danza, Moisés anoxouse moito, tirou as táboas da man e crebounas na aba da montaña.


Moisés estivo alí co Señor corenta días e corenta noites. Nelas non comeu pan nin bebeu auga. E escribiu nas táboas as palabras da alianza, os dez mandamentos.


Moisés labrou dúas táboas de pedra, o mesmo cás primeiras. Ergueuse cedo e rubiu ó monte Sinaí, conforme lle mandara o Señor, levando consigo as dúas táboas de pedra.


Entón Xeremías colleu outro rolo e deullo a Baruc, fillo de Nerías, o escribán, que escribiu nel, ó ditado de Xeremías, todos os oráculos do libro que Ioaquim, rei de Xudá, queimara no lume. E aínda se lles engadiron a aqueles outros moitos oráculos semellantes.


El manifestouvos a súa alianza coa que vos obrigaba a cumprir os dez mandamentos; si, escribiunos en dúas lousas de pedra.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan