Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Éxodo 32:4 - Biblia SEPT

4 El recibiunos das súas mans, e fixo do metal fundido un becerro, modelado a cicel. O pobo exclamaba diante del: —"Este é o teu Deus, Israel, que te sacou de Exipto".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Éxodo 32:4
36 Iomraidhean Croise  

Despois de aconsellarse, o rei mandou construír dous becerros de ouro, e díxolle ó pobo: —"Acabouse rubir a Xerusalén! Aquí está o teu Deus, Israel, o que te sacou de Exipto".


Por parte, instituíu unha festa no día quince do mes oitavo, como a festa que se facía en Xudá, e el mesmo rubiu ó altar que fixera en Betel, para ofrecer sacrificios ós becerros, mandados facer por el. En Betel puxo tamén sacerdotes nas ermidas que el construíra nos outeiros.


Logo ordenou: —"Convocade asemblea santa en honor de Baal". E convocárona.


Pero Iehú non se afastou dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel, cos becerros de ouro de Betel e de Dan.


nomeando pola súa conta sacerdotes para as ermidas dos outeiros, para os sátiros e para os beceros que fabricaran.


Agora propóndesvos facer fronte ó reino do Señor, administrado polos descendentes de David. Vós sodes moi numerosos, tedes convosco os ídolos que vos fixo Ieroboam, os becerros de ouro;


nin sequera cando fixeron un becerro fundido e clamaron: Este é o teu deus, o que te sacou de Exipto, cometendo un pecado horrendo.


—"Eu son o Señor, o teu Deus, que te saquei da terra de Exipto, da condición de escravitude.


Non faredes deuses de prata para poñelos ó meu lado, nin vos fabricaredes deuses de ouro.


Non farás para ti imaxes nin figura ningunha do que hai enriba no ceo, nin abaixo na terra, nin nas augas de debaixo da terra.


Farás gravar os nomes das tribos de Israel nas dúas pedras, engastadas en ouro, como fan os ourives gravadores de selos.


Collerás dúas pedras de ónix e gravarás nelas os nomes das tribos de Israel,


Vendo o pobo que Moisés se demoraba en baixar da montaña, xuntouse ó redor de Aharón e díxolle: —"Anda, fainos un deus que vaia diante de nós, pois ese Moisés, o home que nos sacou de Exipto, non sabemos que foi del".


Eu díxenlles: Quen de entre vós ten ouro? Eles recolleron ouro e trouxéronmo. E eu fundino, e saíu este becerro".


Todo o mundo quitou os pendentes de ouro das orellas e tróuxollos a Aharón.


O Señor castigou ó pobo, por veneraren o becerro que lles fixo Aharón.


En vendo isto Aharón, construíu un altar diante do becerro. E proclamou: —"Mañá será festa en honor do Señor".


O Señor díxolle a Moisés: —"Anda, baixa da montaña, porque o teu pobo, o que sacaches de Exipto, perverteuse.


Desviáronse axiña do camiño que eu lles indicara. Fixéronse un becerro de metal, próstranse diante del, ofrécenlle sacrificios e pregoan: Este é o teu Deus, Israel, o que te sacou de Exipto".


Entón profanaredes o revestimento de prata dos vosos ídolos, e botaredes fóra os adornos de ouro das vosas imaxes: coma pano ensanguentado, declararédelas unha inmundicia.


Algúns sacan ouro da bulsa e pesan a prata na balanza, e páganlle ó ourive para que ó seu xeito faga un deus, próstranse ante el, e adórano.


Non retirou de Exipto as súas fornicacións, xa que se viñan deitando con ela desde a mocidade, e eles foron quen lle apalparon os seus peitos de virxe e quen puxeron nela os arelos de fornicación.


Os habitantes de Samaría estremécense, por mor do becerro de Bet-Aven, pois por el fai lamentación o seu pobo, por el fan lamentación os seus sacerdotes, envorcállanse pola riqueza do becerro que marchou ó desterro, lonxe del.


Pois agora continúa pecando, fai ídolos de fundición, da súa prata fai con habilidade ídolos. Todo iso é obra de artistas. Din eles: "Ofrecédelles sacrificios a eles, que os homes biquen os becerros".


Así que, sendo da liñaxe de Deus, non debemos pensar que a divindade sexa semellante ó ouro, á prata ou á pedra, traballados pola maña e a imaxinación do home.


E naqueles días fabricaran un becerro, ofreceran un sacrificio ó ídolo, e festexaran a obra das súas mans.


Nin vos fagades idólatras, o mesmo que algúns deles; como está escrito: Sentou o pobo a comer e a beber, e logo levantáronse para se divertiren.


Ollei, e velaí que pecarades contra o Señor, voso Deus. Fixerades un becerro de metal fundido. Ben axiña vos apartarades do camiño que vos tiña mandado o Señor.


E engadiu Guideón: —"Pídovos unha cousa: que cada un me deades un anel dos vosos espolios" (xa que os espoliados tiñan aneis de ouro, pois eran ismaelitas).


E Guideón fixo un efod e colocouno no seu pobo —en Ofrah—, e prostituíuse alí todo Israel detrás del, resultando así un lazo para Guideón e para a súa casa.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan